martes, 16 de xaneiro de 2018

HILARIO E OS TRES MEDOS


HILARIO E OS TRES MEDOS
Autor: Xoán Babarro
Santillana Infantil y Juvenil S.L.
Edicións Obradoiro S.L
Colección: Oqueleo Narrativa Serie Laranxa

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade Recomendada: A partir de 10 anos

Medo aos, médicos, medo aos compañeiros, medo a ela mesma... Son os tres pesadelos cos que se ten que enfrontar Abeba. Para tal misión, conta coa tatuaxe que lle grava no pulso a súa amiga Lola.

E que papel desempeñará Hilario?

O acoso escolar, a amizade, o afecto, a morte... Mergúllate nesta historia e visita as terras de Ibias para coñecer a orixe do bastón dunha meteoróloga.

ISBN: 978-84-16834-20-4
Nº de páxinas: 122
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm

A BRUXIÑA DA SORTE


A BRUXIÑA DA SORTE
Autora: Concha Blanco
Ilustracións: Xosé Cobas
Santillana Infantil y Juvenil S.L.
Edicións Obradoiro S.L
Colección: Oqueleo Narrativa Serie Morada 

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos 

Idade recomendada: A partir de 8 anos 

Lúa, a bruxiña da sorte, chega o escaparate da tenda de regalos de Tomé. Alí faise amiga de Cuqui, o reloxo espertador que adora as historias dos libros; de Mina, a bolboreta única da súa especie que devece por saber como é a vida en liberdade; e tamén de Pax, o cabaliño do demo namorado. 

Grazas ás fórmulas máxicas de Lúa, todos verán cumpridos os seus soños.

A satisfacción é inmensa cando se consegue un obxectivo despois de salvar atrancos.

ISBN: 978-84-16834-02-0
Nº de páxinas: 100
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger