E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 1 de maio de 2017

NUNCA MASCOTAS

NUNCA MASCOTAS
Autora: Paula Carballeira
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Costa Oeste

Xénero: Poesía Galega

Hai poucos títulos máis claros para contar o que hai dentro dun libro. Nunca mascotas. 

Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as persoas, que poden ser moi animais.

E unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar, dende a beleza, dende a reflexión, á mocidade, que pensa ela sobre esta vida animal da que temén formamos parte.

Un libro do que estamos moi orgullosos na Editorial Galaxia. 

Poesía para a xente máis moza. Que ten a ollada aínda limpa que, dende logo que si, teñen moitos seres da natureza. Ás veces máis ca nós.

ISBN: 978-84-9865-728-9
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda


A VIDA DE ÁNXEL FOLE


A VIDA DE ÁNXEL FOLE
Autor: Carlos Casares

Editorial Galaxia, S.A. 1996
Colección: ÁRBORE

Xénero: Biografías

A vida de Ánxel Fole conta sucesos e incidencias da nenez de Fole, da súa mocidade universitaria e da súa aproximación ó galeguismo nos tempos da República. 

Aparece tamén nestas páxinas o Fole escritor, o que escribiría os contos de Á lus do candil e de Terra Brava, tan importantes para o renacer da cultura literaria galega nos tempos posteriorres á Guerra Civil. 

Este é un libro escrito cunha linguaxe clara e accesible, unha amena síntese que pretende facilitar ós lectores unha visión global e ó mesmo tempo chea de pequenos detalles da vida de Ánxel Fole.

ISBN:84-8288-093-4
Nº de páxinas: 81
Encadernación: Tapa blanda




BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger