E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 4 de xaneiro de 2017

NOITE DE REIS EN KALPANKALÁ


NOITE DE REIS EN KALPANKALÁ
Autor: Xosé A. Perozo
Ilustracións: Mª Fe Quesada
Everest Galicia, S.L
Colección: Montaña Encantada

Género: Literatura Infantil en Galego - Narrativa 

Aquel Nadal do derradeiro ano do século ía ser diferente para todos os nenos da cidade de Viladeteixo, tanto para os dos barrios máís ricos como para os da zona máis pobre: Kalpankalá.

Papa Noel e os Reis Magos son vítimas dun estrano roubo, que só pode ser resultado dunha das xenialidades da avoíña estrafalaria coñecida por todos co alcume de Rosana Patacola.

ISBN: 978-84-403-0529-X
Nº de páginas: 53
Encuadernación: Tapa blanda

martes, 3 de xaneiro de 2017

CONTOS DE REIS E DE NADAL


CONTOS DE REIS E DE NADAL
Autor: Miguel Vázquez Freire
Ilustracións: Xosé Tomás
Edicións Xerais de Galicia, S.A; 2006
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +7 anos

 Contos de Reis e de Nadal contén na súa primeira parte catro contos de Reis ("A mañá do monstruo", "A noite de Reis da Princesa", "Marquiños quería un balón", "Xandro Tomé") e, na segunda, outros tres de Nadal ("A viaxe de Fátima", "O home que reconstruía a súa casa" e "O señor Scrooge tiña razón").

Nos do ciclo de Reis aparecen nenos aos que os Magos nunca lles traen o que piden; nenas que cando chegan os Reis Magos aínda están espertas, e nenos, coma Xandro, que pese a que os de Oriente ai lles traen o que lles piden, só son felices cando comparten os xoguetes con outros nenos que teñen menos.

Nos contos do ciclo de Nadal, hai mulleres que foxen da guerra e da fame e queren que o seu fillo naza en Europa; e hai homes quue constrúen de novo a súa casa cada vez que unha bomba as destrúe.

Sete contos, escritos co clasicismo narrativo do conto emotivo, sete portelos para construír un mundo máis solidario e feliz dende a infancia.

ISBN: 978-84-9382-632-7
Nº de páxinas: 110
Encadernación: Tapa blanda

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger