E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 27 de abril de 2016

ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA

ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA
Ilustrador:Víctor Rivas 
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín marelo 

Xénero: Literatura Infantil Galega

Idade recomendada: De 11 anos en diante 

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial.

A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. 

Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.

O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta. 
 
ISBN: 978-84-9914-999-8 
Formato: 13,50 x 19,00 cm 
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 224

martes, 26 de abril de 2016

ENGURRAS

ENGURRAS
Escrito e debuxado por Paco Roca
El Patito Editorial, 2011
1ª edición 2012 

Xénero: Cómic 

O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia, 1969) consegue expor en Engurras unha narración baseada na humanidade dos personaxes, por iso é polo que poida interesar a lectores de calquera idade aínda que fale da dexeneración senil e do alzhéimer. 

Emilio, un antigo empregado de banca, é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns e aos poucos vai aceptando o seu novo domicilio, as súas regras e as rutinas diarias. Pero a súa memoria empeza a borrarse a pesar dos seus intentos de contrarrestar ou ocultar os efectos da enfermidade. 

Engurras conta con precisión e desde unha mirada intimista non exenta de dureza esa batalla contra a vellez, ata que as súas páxinas vólvense totalmente brancas.

Unha conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de Cómic en 2008 e que conta xa con adaptación ao cinema. 

ISBN:978-84-939434-0-0
Nº de páxinas: 108
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 25 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger