E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 27 de maio de 2015

MAXIA CÓMICA con Leo Leíño

Venres 5 de Xuño
na Sala de Lectura de BiblioPazos
ás 11:00 horas
contaremos con


e o seu espectáculo


dirixido a nenos e nenas de 3 anos en adiante.

Maxia cómica para nenos e adultos coa participación dos asistentes. Unha divertida e sorprendente actividade contando historias que van unidas aos xogos.

Organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BiblioPazos) no Programa de actividades de Animación á Lectura 2015 en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do programa LER CONTA MOITO. 

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA!

COLECCIÓN POLO CORREO DO VENTO

Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Álvarez Taboada
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Xénero: Literatura Infantil

A nova "Colección POLO CORREO DO VENTO", preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega.



 1º -  Está protagonizado polos páxaros
máis habituais da natureza galega
(a andoriña, a gaivota, o paporroibo, a pomba, o corvo mariño),
abordándose, ademáis, a cuestión do parentesco
e o coñecemento das cidades galegas
e dos nosos espazos naturais.


 

 2º -  Está protagonizado por algúns dos mamíferos
da nosa fauna (o teixugo, a toupiña, o xabaril, o furón, a raposa…),
pre-sentando os diversos oficios tradicionais
e algúns espazos paisaxísticos da Galicia
interior (Ancares, Fragas do Eume…).


 
3º -  Está protagonizado por algunhas
das nosas especies máis emblemáticas da
nosa fauna mariña (o polbo, o linguado, o rodaballo,
o peixe sapo, a sardiña…), presentando
diversos obxectos de uso cotián
e algúns dos espazos naturais protexidos da nosa
beiramar (as dunas de Corrubedo, a praia
das Catedrais,a Lanzada, a praia de Carnota…).




 7º - Está protagonizado por algúns dos réptiles
máis habituais na nosa fauna, presentando
algúns dos máis importantes
escritores e escritoras galegos.



Tamén atoparán nesta colección 4º- Carola, a carteira centola, 5º- Martiño, o carteiro porquiño e 6º-  Violeta, a carteira bolboreta.

Cada un dos volumes complétase cun epílogo, “¿Qué aprendiches?, con actividades lúdicas que pretenden facilitar o labor dos pais ou dos mestres á hora de traballar a comprensión do texto, ademais dunha páxina dedicada a colorear os animais protago-nistas de cada un dos volumes.


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger