
CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
luns, 4 de outubro de 2021
AS POMBAS DE BASTIÁN

domingo, 3 de outubro de 2021
ANDAR AOS BIOSBARDOS

sábado, 2 de outubro de 2021
"FRUMARIO O BIBLIOTECARIO" con MANUEL POMBAL - Programa LER CONTA MOITO 2021
Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.
A FUGA DE GUILLERMO

venres, 1 de outubro de 2021
ACOUGA, BABAU
xoves, 30 de setembro de 2021
MAR DE MAZÁ
mércores, 29 de setembro de 2021
A BONECA DE CRISTAL
martes, 28 de setembro de 2021
POLA MAÑÁ CEDO

luns, 27 de setembro de 2021
NON É HORA DE XOGAR

domingo, 26 de setembro de 2021
HISTORIAS DA FRAGA REVIRADA
sábado, 25 de setembro de 2021
"FILIPA COS CONTOS" con FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL" - Programa LER CONTA MOITO 2021
Ola de novo, estamos outra vez aquí para seguir presentando as actividades da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".
E continuamos coas mesmas o Xoves 30 de setembro ás 12:30 horas co espectáculo "FILIPA COS CONTOS" de FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL" que nos traerá unha "FILIPANTE" e "RENOVADA" sesión de contos para toda a familia: historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor... e moita participación do público.
Filipa e Fran agárdanvos. Vai ser "flipante"!
Este día están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que, de seguro, pasarán unha mañá formidable con este espectáculo.
Realizarase no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.
Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.
NON PARE A FESTA
venres, 24 de setembro de 2021
O ABRAZO
xoves, 23 de setembro de 2021
"OBRADOIROS DE NARRATIVA BREVE" impartidos por CARMEN CONDE
Para reforzar e animar á escrita entre os escolares temos organizado tamén uns "OBRADOIROS DE NARRATIVA BREVE" que impartirá CARMEN CONDE GAUTE de Tarabela Creativa SC.
Estes obradoiros realizaranse nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; se desenrolaran en 4 sesións de dúas horas cada unha en dous días consecutivos, o xoves 30 de setembro e o venres 1 de outubro; e contarán coa participación dos alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO.
Están pensados para aquelas persoas que queiran coñecer a anatomía das historias. Para que as conten misturando os ingredientes segundo lles conveña. Porque é tan importante o que contamos como o xeito en que o facemos. Aprenderán dende a práctica, manchando as mas con textos e traballarán con estímulos creativos variados. E, como o mundo é da xente valente, recomendable que vaian as sesións sen medo.
A primeira parte será de asimilación de conceptos, a través de diversas propostas lúdicas de escrita, que axudarán aos asistentes a coñecer con algo máis de profundidade as entrañas dunha historia. Esta parte contará con certo marco teórico.
A segunda parte será absolutamente creativa, a partires dos disparadores máis diversos. O obxectivo último é lograr un primeiro achegamento ao manexo do espazo e do tempo, a atopar a diferencia entre personaxes, a distinguir entre tipo de narrador e punto de vista. E a combinar todo o mencionado como mellor lle veña ao noso relato. Porque o certo é que para escribir só hai que poñerse a escribir. Por iso a práctica será o fundamento de todo. Mimando tanto ou máis o outro pilar da escritura: a lectura constante.
Esta actividade enmárcase no programa de "obradoiros e certame de creación literaria" do proxecto de actividades de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra.
Para ampliar a información sobre a programación ademais de consultala no blog e nas redes sociais da biblioteca, podedes contactarnos por teléfono chamando ao número 986 497 273 no noso horario habitual de apertura, ou solicitando a información escribíndonos ao correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org.
PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS
E NON VOS ESQUEZADES!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
ERNESTO O ELEFANTE
mércores, 22 de setembro de 2021
III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN
Poderán participar todos os alumnos e alumnas residentes no Concello de Pazos de Borbén que estiveran ou estean cursando estudos de Educación Primaria e/ou Secundaria nos colexios públicos do municipio durante os cursos 2020/2021 e/ou 2021/2022, e que presenten os orixinais en lingua galega.
O prazo para presentar os relatos será entre os días 1 de outubro e o 15 de novembro, ambolos dous inclusive.
Os participantes poderán presentar un único relato -escrito en lingua galega- dentro do prazo sinalado nas bases do certame e que deberán entregar na Biblioteca Pública Municipal no seguinte enderezo:
Concello de Pazos de Borbén
Biblioteca Pública Municipal
Rúa Pazos nº 1
36841 Pazos de Borbén (Pontevedra)
Haberá como nas anteriores edicións 5 categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de Primaria
- Categoría B: 3º e 4º de Primaria
- Categoría C: 5º e 6º de Primaria
- Categoría D: 1º e 2º de ESO
- Categoría E: 3º e 4º de ESO
E dous premios por categoría:
1º Premio: 1 libro electrónico + 1 lote de libros.
2º Premio: 1 Lote de libros
Ademáis o xurado poderá conceder mencións a aqueles traballos que considere que reúnen calidade para elo.
Desde a Biblioteca animamos a todo o profesorado do centro, aos pais, nais e demáis familiares dos alumnos para que os estimulen a escribir e a participar nesta nova edición do certame na que esperamos superar a participación das edicións anteriores; e co obxectivo de fomentar unha maior participación este ano, todos os que presenten un relato serán obsequiados cun libro soamente por participar.
Podedes descargar as BASES e a FICHA DE INSCRICIÓN nos seguintes enlaces:
Para máis información podedes dirixirvos á Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 no horario habitual de apertura ou a través do correo electrónico: biblioteca@pazosdeborben.org.
Toda a información sobre o desenrolo do Certame irá publicandose neste Blog e nas redes sociais da biblioteca (Facebook e Twitter).
Este III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN enmarcase no programa de "obradoiros e certame de creación literario" do proxecto de actividades de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
E NON VOS ESQUEZADES DE QUE EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.






















