mércores, 16 de xaneiro de 2019

DIARIO DUN REPUNANTE


DIARIO DUN REPUNANTE
Autor: Xosé Manuel Pereiro Sánchez
Ilustrador: Javi Prieto
Edita: Luzes. Xornalismo que conta, S.L

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa
Estes artigos de Xosé Manuel Pereiro lidos así, todos xuntos e seguidos veñen dar na reflexión da relación intima que existe entre as ideas e a retranca. Para profundar sobre a esencia da retranca, ese elemento discursivo que vai moito máis aló da ironía e que ven dar no signo diferencial que di dos galegos que o somos, hai que botar man destes artigos. O camiño do particular anecdótico ao universal, o uso das citas ilustres coma o recurso de "pasoulle coma aquel que...", son estratéxias literarias que enchen os textos de físgoas polas que o lector chega á comprensión cabal. A ese "xa che mo parecía a min" do lector satisfeito. En fin, que o día no que se inventou o mundo X.M.P. estaba alí e agora, coma nesas historias de textos atopados no máis poeirento e escuro andel dun alfarrabista, damos nós co seu diario e iso sempre agacha un tesouro para o lector.
- Xabier P. Docampo
ISBN: 978-84-947545-1-7
Nº de páxinas: 154
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 21,5 cm.

martes, 15 de xaneiro de 2019

"O PITO QUE APRENDEU A LER" accésit categoria C: 5º/6º Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "O pito queu aprendeu a ler" de Diego Domínguez Costas - 10 anos - 5ºA de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.

Nunha mañá de verán, no galiñeiro dunha granxa, naceu un pito de cor amarelo coma o sol.

Ese pito non era normal, aínda que era un tanto curioso. De todo o que pasaba na granxa él enterábase ao instante, sen excepción. A parte de ser tan metomentodo, outra das súas cualidades era a súa experiencia en meterse en líos. Unha vez, cruzou polo medio dun campo cheo de touros furiosos para chegar ata unha miga de pan, e xa prefiro non contar o que fixo o granxeiro para salvalo. Pero, a mellor das súas cualidades, sen dúbida, era a súa gran intelixencia.

Tal era, que, cando lles daban de comer millo, él o liimpaba e o puña nun prato. Xa pasados dous anos, o seu avó, o galo, prometeulle que lle aprendería a ler.

Uns días despois, o pito, impaciente, quería ler un libro xa. Pero o seu avó díxolle que primeiro tiña que aprender o abecedario.

O primeiro día aprendeu da "a" ata a "d". O segundo, da "d" ata a "g", e así un día tras outro ata chegar a "z". Cando xa o tiña aprendido, o seu avó díxolle que tamén necesitaría aprender as normas ortográficas. Dúas semanas despois, cando o pito xa sabía o abecedario, e todas as normas ortográficas as tiña aprendidas, o seu avó deulle un libro. Cando o pito comezou a lelo, as portas da imaxinación abríronse ante él.

Cada día leía máis rápido e mellor, e aumentaban as súas ansias de ler. Pasado un mes, o día un de outubro, leu corenta libros, sen incluír a enciclopedia nin unhas cantas biografías. Non paraba de ler, cada día máis, ata que colleu un libro de inglés, el non entendía nada, e foille preguntar ao seu avó. O avó contestoulle que existían moitos idiomas. En canto escoitou iso, o pito púxose a estudiar máis, e vinte anos despois converteuse no máis listo do mundo.

Fin.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame

A MALDICIÓN DOS VELASCO


A MALDICIÓN DOS VELASCO
Autores: Fausto, Méndez & Malvar
Edita: Tren Caixa Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Comic

Simón Martel viaxa a Sintra para participar nun certame xuvenil galego-portugués de relatos de misterio. O xurado está formado por catro das mentes criminalistas máis brillantes do mundo: o detective San Espada; Edgardo Alén Pose, famoso pola aplicación dos seus coñecementos no campo extrasensorial á persecución do delicto; Servando Holmos e o comisario Pereira.
Participantes e xurados hospédanse na atmosfera misteriosa da Quinta dos Velasco. O misterio e a intriga inician a súa andaina.

ISBN: 84-89231-69-9
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 29,5 cm.

luns, 14 de xaneiro de 2019

"A NENA PERDIDA" accésit categoría B: 3º/4º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "A nena perdida" de Paula Rivas Rodríguez - 9 anos - 4º de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría B: 3º e 4º de Primaria.

Un día un colexio da zona de Coruña fixo unha excursión ao monte. Unha das nenas perdeuse. Cando xa chegaba a noitiña viu a dous rapaces que xa saíran do colexio e estaban a xogar ao fútbol no medio do monte e acercouse a eles a preguntarlle:

  • Cómo se sae do monte para chegar á escola?
  • Ven con nos, ensinaremosche o camiño -responderon os rapaces.

A nena seguiunos ata chegar á escola pero cando chegou, non era o seu colexio! E tivo que chamar á nai dunha compañeira que era o único número que recordaba.

Cando colleron o teléfono preguntaron: 

  • Quen é?
  • Son a amiga da súa filla, pódeme vir a recoller?
  • Sí claro. Qué rúa é?

Despois de dicirlle a rúa que era veuna recoller e levouna a súa casa. E como alí fóra facía moito frío deulle unha manta e un chocolate quente. Depois de que a filla chegara do supermercado co seu pai mirou a súa compeñeira e correu a darlle unha aperta e despois de darlle a aperta dixo:

  • E tí que fas aquí? Pensei que te foras xa para a túa casa?


E a nena empezoulle a contar a historia.

Ao día seguinte, antes de marchar á escola chamara a súa nai para dicirlle que durmiches aquí porque sí lle contas a túa historia non che berrará? -Preguntoulle a nai da súa amiga.

- Sí supoño.

Cando a viron a buscar a nai da nena deulle as grazas por cuidar a súa filla.

Fin.

Premiados da categoría B: 3º e 4º de Primaria coa Concelleira de Cultura
Mª Teresa Cendón Barral e a escritora Eli Ríos

NO NOME DA AMADA MORTA


NO NOME DA AMADA MORTA
Autores: Fausto, Méndez e Malvar
Edita: Biblioteca "Nova 33" e Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Comic

Neste cómic a detective Simón Martel enfróntase a un novo caso, o científico Vladimir Smérdiakov, supostamente preso no cárcere de San Quentiño, mercou unha fábrica de conservas arruinada e converteuna nun laboratorio no que primeiro experimenta manipulando xeneticamente animais, creando sardiñas de dúas cabezas, polbos con dentes... ata conseguir finalmente clonar persoas, creando mesmo varios clons de si mesmo.

Unha antiga bióloga da fábrica guía a Sam Espada ata a fábrica, onse descobren replicas dos traballadores e do propio profesor Smer.

Ata que Simón descobre todo e a fábrica acaba autodestruíndose. Pero non o perigoso Smer...

ISBN: 84-89231-15-X
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 29,5 cm.



domingo, 13 de xaneiro de 2019

EL LOCO CHÁVEZ


EL LOCO CHÁVEZ
Autor: Carlos Trillo
Ilustrador: Horacio Altuna
Edita: Norma Editorial, S.A.

Género: Literatura en Castellano - Cómic

En fin, que esta historia que están por leer, también tiene su historia. Creemos firmemente en su funcionamiento: el comportamiento humano se parece mucho en Buenos Aires, Madrid y Dubrovnik. Funcionará, en definitiva, por aquel viejo lugar común de "pinta tu aldea y serás universal". Y porque ALTUNA, después de 10 años viviendo en Barcelona, traducirá el coloquial porteño por un habla cotidiana más próxima a ustedes. Y el Loco, en el doblaje, dirá "curro" en vez de "laburo", "pillar" en lugar de "agarrar", "tía" y "follón"  y no "mina" y "quilombo".

Luego de la partida de Altuna este guionista, junto a otro dibujante, Ernesto García Seijas, continuó ocupando ese espacio del diario Clarín de Buenos Aires con otro personaje llamado "El negro blanco". La cosa, pues, sigue.

Mañana a la mañana, por ejemplo, en la última página del diario de mayor venta de habla española, arriba, al lado de los datos del tiempo, a la hora del café con leche y tostadas con manteca.

Carlos Trillo

ISBN: 84-7904-040-8
Nº de páxinas: 96
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 30 cm.

sábado, 12 de xaneiro de 2019

LAS AVENTURAS DEL TOMÁS ELGAFE: METEDURAS DE PATA Y COLADURAS


LAS AVENTURAS DE TOMÁS ELGAFE
METEDURAS DE PATA Y COLADURAS
Autor: Franquin
Ediciones Junior, S.A.

Género: Literatura en Castellano - Cómic

Tomás Elgafe es una serie de historietas creada en 1957 por el dibujante belga André Franquin, creador de Marsupilami entre otros.

Tomás es un aprendiz de oficinista en La Revista Spirou que vive sumergido en un mar de confusión constantemente. Su tarea es intentar evitar realizar cualquier trabajo y en su lugar echar la siesta o desarrollar todo tipo de aficiones, mientras los demás se vuelven locos por cumplir las fechas de compromiso.

El sentido común normalmente le esquiva, y tiene una habilidad sobrenatural para provocar todo tipo de desastres a os cuales siempre reacciona con su letanía.

A pesar de que Tomás tiene un trabajo, un coche y una casa, a menudo actúa como un adolescente, va vestido con un polo verde y vaqueros.

Tomás alterna estados de extrema pereza, en los que es imposible que se mantenga despierto, e hiperactividad, cuando crea máquinas y artilugios o juega con el mobiliario de la oficina.

Tomás Elgafe es uno de los personajes más carismáticos del cómic de humor de todos los tiempos.

ISBN: 84-7419-882-8
Nº de páginas: 46
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 29,5 cm.

venres, 11 de xaneiro de 2019

"UN LIBRO PARA MONSTROS" accésit categoría B: 3º/4º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "Un libro para monstros" de María Lorenzo Ferreira - 9 anos - 4º de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría B: 3º/4º de Primaria.

Erase unha nena chamada Raquel que tiña nove anos, estaba nun orfanato, e era moi aficcionada aos contos de monstros. Todos ríanse dela sempre estaba no seu cuarto lendo contos e sempre quixo ir a Pazos de Borbén para contar os seus libros de monstros e aventuras aos nenos e nenas do colexio pero non lle deixaban sair dalí.

Un día leu un conto de detectives pero ela quixo inventarse seu propio conto chamado: Un conto para monstros, ese libro trataba dun monstro, que era pequerechiño, todos rianse del tamén estaba nun orfanato.

Gustáballe ler contos de humans, un dia a nena quedouse dormida escribindo o conto e estaba soñando que iba a Pazo sde Borbén e en vez de nenos había monstros e que seus pais tiñan vida e que tiñan unha en Pazos de Borbén e que tiñan familia e que era moi feliz tiña moitos amigos e moitos xoguetes cos que xogar era moi feliz so lle faltaba unha cousa, conocer ao alcalde.

Foi a visitalo e foron bos amigos.

Pasaban os días pero ela quería bailar baile galego. Bailaba... bailaba... e bailaba...

Xa tiña dez anos e a vida non podía ser mellor, tiña dous amigos chamados: María e Sergio, sempre xogaban na súa casa pero Raquel tiña un mellor amigo que era un monstro chamado: Fran.

Un día o alcalde lle dixo que fixera un conto ela estaba moi emocionada, nunca na súa vida fixera un conto para o alcalde.

Estaba moi contenta e empezou a escribir un libro para monstros.

Era un monstro chamado Fran e era moi pequeniño sempre estaba correndo ou xogando o xogo que mais lle gustaba era o escondite e sempre ganaba, era o mellor, pero ninguen sabia que estaba.

Un día unha nena o encontrou e o levou para a súa casa o disfrazou dun can a nai e o pai non notaban que era un monstro, pasados os días estaba facendose mais grande e lle preguntou os pais e lle preguntou o pai non e moi grande para ser un can, ¡NON! Esta normal a nena foi o colexio a nai notou que se lle estaba caindo unha orella e lla puxo ben pero caiu e descubriu que era un monstro.

Fin.

Premiados da categoría B: 3º e 4º de Primaria coa Concelleira de Cultura
Mª Teresa Cendón Barral e a escritora Eli Ríos

TITO LONGUEIRON


TITO LONGUEIRON
Autor: Pinto & Chinto
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura en Galego - Cómic

Futbolista, piloto de carreiras, saltador de lonxitude e altura, boxeador, lanzador de disco, regatista, esquiador...

Ningún deporte ten segredos para Tito Longueirón, quizáis o atleta máis completo da Historia (e da historieta). En cada unha das disciplinas fai uso das súas cualidades innatas, entre as que, todo hai que dicilo, destacan a pillería e unha leve tendencia a facer pequenas trampulladas.

ISBN: 84-8464-554-1
Nº de páxinas: 59
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 30,5 cm.

xoves, 10 de xaneiro de 2019

PREMIADOS CATEGORÍA A: 1º/2º DE PRIMARIA "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

O pasado 20 de decembro tivo lugar no Auditorio do Concello a entrega de premios do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" organizado pola Concellería de Cultura do concello a través da Biblioteca Pública Municipal.

Tal e como estaba establecido nas Bases do certame toca publicar os traballos galardoados cos accésits e co 1º e 2º premio de cada categoría.

Hoxe publicamos os correspondentes á Categoría A: Nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria.

1º Premio:

"Diferentes pero iguais" de Roi Míguez Comesaña - 7 anos - 2º de Primaria.




2º Premio:

"Songoku contra vegeta" de Bruno Barreiro Couñago - 6 anos - 2º de Primaria.




Accésits:

"O tigre e o dinosaurio" de Jacob Emrys Arca Harris - 7 anos - 2º de Primaria.




"A princesa" de Andrea Naveira Faro - 7 anos - 2º de Primaria




"O castelo" de Xudit Escudero Míguez - 7 anos - 2º de Primaria.




"A nena que se perdeu" de Ainhoa Garrido Rodríguez - 7 anos - 2º de Primaria.




Os premiados da Categoría A: 1º e 2º de Primaria
co xurado no acto de entrega de premios
o 20 de decembro de 2018

EL SEÑOR JEAN, EL AMOR, LA PORTERA


EL SEÑOR JEAN, EL AMOR, LA PORTERA
Autor: Dupuy - Berberian
Edita: Norma Editorial

Género: Literatura en Castellano - Cómic

Señor Jean, cuyo cuarto volumen ganó el premio al mejor álbum en  Angoulême 1999, es el mejor ejemplo de aquellas obras que empiezan haciendo poco ruido y que al poco tiempo, se convierten en una de las series más alabadas por todo el mundo.

El éxito de crítica y público no hace sino confirmar que el magnífico trabajo de Dupuy y Berberian es una de las mejores historietas que se publican actualmente en Europa.

ISBN: 84-8431-171-6
Nº de páginas: 48
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 22 x 29,5 cm.

mércores, 9 de xaneiro de 2019

OS BARBANZÓNS: BAROÑA OU MORTE


OS BARBANZÓNS
BAROÑA OU MORTE
Autor: Pepe Carreiro
Editorial ToxoSoutos

Xénero: Literatura en Galego - Cómic

Os Barbanzóns son unha familia celta composta pola nai, unha vella do castro de Baroña chamada Tara; os tres fillos dela, Con, Bre e Lerankos; a noda Irlandesa, Guinnes; o xenro das montañas orientais do que hoxe é Galiza, Bar; os tres netos, Son, Baal e Muni, e un oso de nome Banza.

Todos eles están de aventuras na banda deseñada.

ISBN: 84-96259-06-4
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 30 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger