martes, 6 de xuño de 2017

"BOTAMOS UN CONTO NO CAMIÑO?" con CRISTINA COLLAZO - PROGRAMA de Animación á Lectura "CONTOS NA NATUREZA"


Continuamos con máis actividades do programa de Animación á Lectura

"CONTOS NA NATUREZA"

O Martes, 13 de xuño cediño pola mañá imos camiñar pola Senda da Levada de Casqueiros na parroquia de Borbén cos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Percorreremos esta senda acompañados do noso veciño e presidente da Comunidade de Montes de Borbén Antonio Fernández Costas xunto cou algunhas persoas máis da directiva que nos irán comentando como foi recuperada esta senda para uso e disfrute da veciñanza e as características da mesma.

Ao longo da andaina atoparémonos con Carmiña, meiga e menciñeira, alén de poetisa que vive entre fentos e carballos, e cada vez que aparece alguén na senda, fai un alto para preguntarlle

“BOTAMOS UN CONTO NO CAMIÑO?” 

Un espectáculo de narración oral da contadora de contos CRISTINA COLLAZO.

Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS


LA LEY DE LA CALLE


LA LEY DE LA CALLE
Autor: S.E. Hinton
Traducción: Javier Lacruz
Ediciones Alfaguara, S.A. 1989
Colección: Juvenil Alfaguara

Género: Literatura Juvenil

Sobrevivir en los suburbios de una gran ciudad exige respetar las duras leyes de la calle. Rusty James ha conseguido salir adelante... pero ha pagado un precio muy alto. Las pequeñas escaramuzas que pronto se convirtieron en asuntos graves, las drogas, las amenazas a la vuelta de cada esquina, el brillo del acero y el olor de la sangre, los reformatorios, también las fiestas salvajes y las chicas. Y al fondo de todo la muerte de un buen amigo que marcó su vida para siempre.

 Los personajes de La ley de la calle, llevada al cine por Francis Ford Coppola están llenos de humanidad y sentimientos, al igual que los protagonistas de Rebeldes, la primera novela con la que Susan E. Hinton sorprendió al mundo. 

ISBN: 84-204-3923-1
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa blanda 

luns, 5 de xuño de 2017

"CANTACUENTOS" - Animación a la Lectura con RUTH GALINDO


Novamente contaremos coa presenza, o Venres 9 de xuño no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, da contacontos andaluza RUTH GALINDO que desde Híjar-Las Gabias (Granada) traerános o seu espectáculo

“CANTACUENTOS”

Contos divertidos para cantar e bailar nos que algunhas marionetas sairán ao escenario e se divertiran con todos os asistentes.

Están convidados a acompañarnos ese día os alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da EEI “A Galeriña” de Nespereira.

Esta actividade está patrocinada polo Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS

 

A NENA DE OURO


A NENA DE OURO
Autor: Ursula Heinze
Ilustracións: Miguel Vigo

Edicións Xerais de Galicia, 1992
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Susi pasa moito tempo soa xa que os seus país están moi ocupados e non poden xogar con ela.

Unha tarde de verán Susi está xogando soa na horta da súa casa. Tenta falar coas plantas, cos animais... pero non atopa resposta. De repente, aparece unha nena diminuta. Explícalle que se chama Áurica, a nena de ouro, e invita a Susi a unha viaxe para coñece-lo mundo que hai ó seu arredor. Mediante unhas palabras máxicas, a nena de ouro fai que Susi se volva tan pequena coma ela. E as dúas xuntas emprenden unha viaxe na que utilizarán os máis diferentes medios para se desprazaren: un cabalíño do demo, un carro tirado por dous escornabois, unha barca feíta coa vaíña dunha faba...Así, as dúas nenas van vivindo diferentes aventuras. 

Pero chega a noite, Susi ten que volver onda seus país, e deciden regresar. E Susi, sen saber como, atópase de novo ó pé da súa casa, xa coa estatura normal. ¿Fora todo un soño? Ela sabe que non, aínda que a nai se empeñe en non lle dar creto ás incribles aventuras da nena.

ISBN: 84-7507-517-7
Nº de páxinas: 104
Encadernación: Tapa blanda




domingo, 4 de xuño de 2017

"LOS CUENTOS DE ITí" - Animación a la Lectura con RUTH GALINDO



Seguimos coas actividades en BiblioPazos e nesta ocasión contamos coa presenza da contacontos andaluza RUTH GALINDO co seu espectáculo “LOS CUENTOS DE ITí”, que desde Híjar-Las Gabias (Granada) virá a acompañarnos o día 7 de xuño, ás 13:00 horas, na Sala de Lectura.

ITí é unha fermosa criatura que veu desde un universo afastado. Todos os seres fantásticos da terra chamárona para que nos ensinase aos humanos as marabillas do noso máxico planeta. 

ITí descubriranos nos seus contos o seu mundo de ilusión e os fascinantes personaxes que nel habitan.

Esperamos que nos acompañen os alumnos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da EEI “A Galeriña” de Nespereira.

Esta actividade pode realizarse grazas á colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS

 

EU TAMÉN SON MANIÁTICA


EU TAMÉN SON MANIÁTICA
Autor: Aidan Macfarlane
Ilustracións: John Astrop
Traducción: Montserrat Paz Núñez

Edicións Xerais
de Galicia, S.A. 1994
Colección: Xabarín

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Susie, unha rapaza de 16 anos, escribe o seu diario íntimo, seguindo ó seu irmán, Peter Payne, autor do Diario dun xove maniático.

Desde un punto de vista feminino, Susie escribe sobre o sexo, amor, anorexia, febres glandulares, depresión, morte, SIDA, dietas, exames, anticoncepción, divorcio, vermes, estrés, piollos e moitas cousas máis.

No diario inclúe recortes, folletos, cartas e fragmentos de xornais e revistas sobre problemas que lle preocupan, anotacions das aventuras de Pete e doutros acontecementos, bos e malos, da súa vida familiar.

ISBN: 84-7507-725-0
Nº de páxinas: 206
Encadernación: Tapa blanda

sábado, 3 de xuño de 2017

COLABORACIÓN DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA, SOUTOMAIOR E PAZOS DE BORBÉN POLA ANIMACIÓN LECTORA

https://www.dropbox.com/s/07o3p1u5ypzeypy/2017%20Cartel%20Redondela.jpg?dl=0

As bibliotecas da contorna de Redondela levan a cabo a súa primeira colaboración no ámbito da animación á lectura.

A contacontos granadina Ruth Galindo, percorrerá varias localidades con “Los cuentos de ITí”, grazas a unha iniciativa da Biblioteca de Pazos de Borbén.

Ben coñecido é xa o papel que nas bibliotecas da nosa contorna teñen as actividades de animación lectora. As bibliotecas municipais de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén ofrecen con regularidade espectáculos de narración oral para os cativos/as, pero tamén outro tipo de propostas dinamizadoras, coas que ademais de promover as gañas de ler, dan valor a estes centros como lugares para a aprendizaxe, a diversión e o encontro.

https://www.dropbox.com/s/upaxn92ep109k59/2017%20Cartel%20Soutomaior.jpg?dl=0

A realización destas actividades supón sempre un esforzo por parte destas bibliotecas, na xestión e, tamén no que toca aos orzamentos. Nos últimos anos o financiamento dende a Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do programa Ler conta moito, leva axudado a achegar a estes centros a recoñecidos artistas, creadores e animadores do panorama galego.

Fóra das nosas fronteiras, contactar con outros artistas, creadores e comunicadores é máis difícil para bibliotecas de poboacións pequenas. Porén, a iniciativa da Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén para coordinar a todos os centros bibliotecarios, dará como resultado a primeira colaboración conxunta para a animación lectora das bibliotecas desta contorna. Así, atravesando de Sur a Norte a Península Ibérica, contaremos para a vindeira semana, nas nosas bibliotecas, cunha excepcional contadora proveniente de Granada: Ruth Galindo.


https://www.dropbox.com/s/47yevm7b1lmts38/2017-06-07%20RUTH%20GALINDO%20-%20LOS%20CUENTOS%20DE%20IT%C3%AD2.jpg?dl=0

Ruth Galindo, granadina de nacemento, é Directora da Biblioteca de Híjar (Las Gabias, Granada). Dita biblioteca está irmandada con México e Costa Rica, entre moitas outras, e ven de ser galardoada en multitude de ocasións polo Ministerio de Cultura grazas á súa intensa actividade en prol da animación lectora. Doutra banda a nosa contadora tamén é Xerente de "Los niñ@s de las Estrellas", unha Asociación Cultural na que non faltan animacións como: contacontos, cantacontos, monicreques, cantaxogos e unha infinidade de espectáculos para todos os públicos. 

Da inmersión desta traballadora na animación cultural naceron "Los cuentos de ITí”, unha marioneta que conquistará o corazón dos pequenos/as da casa e que, agardamos, terá moito éxito na súa posta en marcha nas bibliotecas da nosa área intermunicipal. “Los cuentos de ITí” de Ruth Galindo foron editados en formato libro no ano 2014, na colección infantil “Caramelo” de “Ediciones Dauro”, e ilustrados por Ágata Lech Zobczak.

https://www.dropbox.com/s/dylekz2au3l4hi6/2017-06-09%20RUTH%20GALINDO%20-%20CANTACUENTOS11.jpg?dl=0

As datas das súas actuacións serán as seguintes: 

Martes 6 de xuño
18:30 horas
Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela
“Los cuentos de ITí” 

Mércores 7 de xuño
13:00
Biblioteca de Pazos de Borbén
“Los cuentos de ITí”

18:30
Biblioteca ALM de Chapela
“Los cuentos de ITí” 

Xoves 8 de xuño
17:00
Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior
“Los cuentos de ITí” 

Venres 9 de xuño
13:00
Auditorio Concello de Pazos de Borbén
“Cantacontos” 

Sábado 10 de xuño
20:00
Multiusos de Arcade – Soutomaior
“Cantacontos”

Desde o Concello e a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos queremos agradecer aos concellos de Redondela e Soutomaior e ás súas bibliotecas a súa total disposición para que esta colaboración se puidese levar a cabo.


MEMORIAS DUN RÍO


MEMORIAS DUN RÍO
Autor: Antón Cortizas Amado
Ilustracións: Marina Seonae
Ediciones SM, 1992
Colección: O barco de vapor

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos 

Un río aínda que non o creas, ten moito que contar, por algo é unha das cousas máis vellas que existen. O río Runxidoiro narra nestas páxinas, que podían ser moitísimas máis se cho contase todo, os recordos das súas inquietas augas: o que lle pasou a unha pinga que se extraviou na turbina da central eléctrica; a entrañable historia do salmón máis grande que se viu endexamais; ou as artimañas que utilizou para acadar unha guerra tonta de todo, que afrontaba, dende sempre e ata nunca, a dous condes moi inimigos e moi veciños.

ISBN: 84-348-2701-8
Nº de páxinas: 123
Encadernación: Tapa blanda

venres, 2 de xuño de 2017

"ROMARÍA" con RAQUEL QUEIZÁS - PROGRAMA de Animación á Lectura "CONTOS NA NATUREZA"

https://www.dropbox.com/s/nuj7ek8n0kk4ax3/2017-06-06%20RAQUEL%20QUEIZAS%20-%20ROMARIA%20-%20CONTOS%20NA%20NATUREZA%20-%20MONTE%20GALLEIRO.jpg?dl=0

Continuamos coas actividades de animación á lectura e para esta ocasión preparamos para o

Martes, 6 de xuño

pola mañá cedo o inicio do programa “CONTOS NA NATUREZA” cunha andaina polo Monte Galleiro na parroquia de Nespereira cos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Percorreremos unha pequena zona deste paraíso natural do noso concello cunha guía que nos irá facendo unha explicación de diversos aspectos sobre a flora e a fauna da zona, sobre fuxidos e, como na natureza atopamos todo o necesario para a vida: refuxio, menciñas, auga e alimento.

Durante o percorrido haberá tempo de facer unha pausa para o bocata e para atender á contadora de contos RAQUEL QUEIZÁS que nos contará historias e lendas tradicionais do seu espectáculo “ROMARÍA” que nos achegarán ao mundo rural e antigo, para descubrirnos un modo de vida descoñecido.

Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS


DRAGAL IV: A ESTIRPE DO DRAGÓN

DRAGAL IV
A ESTIRPE DO DRAGÓN 
Edicións Xerais de Galicia S.A.,2015
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa - Novela fantástica 

Coma o anxo expulsado do paraíso, Hadrián loita por recobrar os poderes perdidos na cripta de Dragal. A aparición de pequenas escamas é só o principio da mutación que experimentan os membros da Fraternidade.

Desaparecido don Xurxo, chega un novo párroco, don Miguel, cuxa misión será impedir o regreso dunha estirpe maldita capaz de destruír o mundo. Nas páxinas do Codex Dragalianus, gardado na reitoral, accede aos segredos da Fraternidade. Todo está recollido no manuscrito máxico.

Na noite do solsticio de verán os cabaleiros do dragón poderían apropiarse das forzas sobrenaturais do universo. Mentres o derrubamento parcial da igrexa de San Pedro descobre un pasadizo secreto, os dragalianos atopan un misterioso libro.

Que relación ten este achado coa fórmula maxistral que experimenta Cortiñas no seu laboratorio? 

Dragal IV, A estirpe do dragón abre unha nova xeira na apaixonante serie protagonizada polo dragón galego. 

ISBN: 978-84-9914-837-3 
Formato: 13 x 21 cm 
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 360

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger