martes, 6 de xuño de 2017

"BOTAMOS UN CONTO NO CAMIÑO?" con CRISTINA COLLAZO - PROGRAMA de Animación á Lectura "CONTOS NA NATUREZA"


Continuamos con máis actividades do programa de Animación á Lectura

"CONTOS NA NATUREZA"

O Martes, 13 de xuño cediño pola mañá imos camiñar pola Senda da Levada de Casqueiros na parroquia de Borbén cos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Percorreremos esta senda acompañados do noso veciño e presidente da Comunidade de Montes de Borbén Antonio Fernández Costas xunto cou algunhas persoas máis da directiva que nos irán comentando como foi recuperada esta senda para uso e disfrute da veciñanza e as características da mesma.

Ao longo da andaina atoparémonos con Carmiña, meiga e menciñeira, alén de poetisa que vive entre fentos e carballos, e cada vez que aparece alguén na senda, fai un alto para preguntarlle

“BOTAMOS UN CONTO NO CAMIÑO?” 

Un espectáculo de narración oral da contadora de contos CRISTINA COLLAZO.

Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger