Amosando publicacións coa etiqueta Dragóns. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dragóns. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de outubro de 2020

INGO E DRAGO - Mira Lobe

 


INGO E DRAGO
Autor: Mira Lobe
Ilustradora: Susi Weigel
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +7 anos

Ingo perdeu a pelota. Buscándoa, atopa algo que non esperaba: un ovo. Lévao para a súa casa e ós cinco días o ovo ábrese e sae un pequeno dragón. É recibido por todos con gran ledicia e póñenlle de nome Drago. Pero Drago empeza a medrar e a medrar... ¡Pobre Ingo, cantas cousas lle van pasar!

ISBN: 978-84-7154-502-0
Nº de páxinas: 129
Formato: 12 cm x 19 cm
Encadernación: Tapa blanda

martes, 30 de xuño de 2020

DRAGAL V: O SEGREDO DO DRAGÓN


DRAGAL V: O SEGREDO DO DRAGÓN
Autor: Elena Gallego Abad
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?

Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas poder supor o desastre.

Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal?

Intensa, sorprendente, máxica, adictiva... Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para satisfacer os fans máis esixentes do universo dragaliano e conquistar novos lectores.

ISBN: 978-84-9121-540-0
Nº de páxinas: 393
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger