Continuamos coa programación prevista organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén "BiblioPazos" para este mes de outubro coa seguinte actividade nomeada “SOCIAL PILGRIMS II: OBRADOIRO DE CREACIÓN DE FILTROS PARA REDES SOCIAIS” orientada a un público xeral a partir dos 11 anos; que se levará a cabo nas instalacións do CPI “Curros Enríquez” de Pazos o vindeiro Mércores 19 de Outubro mediante a realización de 4 sesións de 50’ de duración cada unha delas desde as 09:30 ata as 13:10 horas da mañá para todo o alumnado de ESO.
O proxecto forma parte do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia e estará impartido por monitores de Ceo Aberto Divulgación.
Nestas sesións prácticas procurarase familiarizar as/os usuarias/os das principais redes sociais (Facebook, Instagram, TikTok) coas ferramentas de creación de filtros de Realidade Aumentada e a súa posterior incorporación aos propios perfís.
Asemade,
falarase dos riscos de seguridade nas redes sociais e daranse pequenas
claves de como protexer os nosos contidos, salvagardar a nosa
privacidade ao tempo que optimizamos o rendemento e impacto das nosas
publicacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.