E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 9 de setembro de 2022

PACO CERDEIRA “PAKOLAS” trae a Pazos de Borbén o seu espectáculo “RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO” para celebrar a chegada do Equinoccio de Outono e o comezo do curso escolar


O próximo Venres 16 de setembro a partir das 13:00 horas teremos en Pazos de Borbén a PACO CERDEIRA “PAKOLAS” co seu espectáculo musical “RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO” baseado no seu Libro-CD editado na colección Sonárbore pola Editorial Galaxia.

Con este espectáculo conmemoraremos a chegada do EQUINOCCIO DE OUTONO e o inicio do curso escolar 2022/2023.

Están convidados a participar nesta actividade os escolares de 1º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

Neste espectáculo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións e a narración, imos saltando a diferentes épocas, Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume; visita a Leonardo da Vinci no Renacemento; acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés ao que lle cheiran os pés; ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc; todo ata chegar a Benvidas do futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

Moitas personaxes poderedes atopar neste libro-disco, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo moi rockeiro.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger