luns, 7 de febreiro de 2022

PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO


PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO
Ilustracións: Victoria Rem
Editorial BABIDI-BÚ Libros SL
Colección: WoooBokks

Xénero: Literatura infantil galega - Contos
Idade recomendada: +6 anos

Peúgo, o calcetín melenudo, desparello e cun furado. Serás quen de axudalo?

Todos escoitamos ou pronunciamos nalgún momento a frase "o calcetín tragouno a lavadora", todas tivemos algún calcetín desparello nalgún momento e todas tivemos un furado no calcetín e seguramente nalgún momento decidimos non remendalo e tiralo ao lixo.

A partir de aí, nace Peúgo, un calcetín melenudo que está só e fai o que lle peta e se quere toca a trompeta, fai unha receita ou inventa unha historieta.

O que pasa é que está moi mancado pola violencia que exerceu a súa parella contra el.

Neste caso a súa salvación foi a lavadora e esa mente creativa que lle soubo sacar proveito cando ninguén lle vía posibilidades.

ISBN:978-84-18911-59-0
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger