domingo, 24 de outubro de 2021

ANTÍA E DAREN. O misterio dos torques roubados

ANTÍA E DAREN
O misterio dos torques roubados
Autor: Valentín Alvite
Ilustracións: Miguel Porto Hermida
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Sopa de Libros

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2019

O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques.

O xefe de policía xa soña cun ascenso. O que non sabe é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas.

Resolverase o enigma dos torques roubados?

Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor.

ISBN: 978-84-9121-752-7
Nº de páxinas: 256
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger