E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 27 de agosto de 2021

ESTELA ÁNGELES MONDRAGÓN E O CAMIÑO A BAQUEACHI

ESTELA ÁNGELES MONDRAGÓN E O CAMIÑO A BAQUEACHI
Autora: Lara Dopazo Ruibal
Ilustracións: Marta Conde Domínguez (Conxenia) e Rotminas (Ina Riaskov y Rotmi Enciso)
Corrección lingüística: Adrián Estévez Iglesias
Edición: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social - Coordinadora Galega de ONGD - Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos
Colección: Defensoras de dereitos

Xénero: Biografías

Idade recomendada: +12 anos

Estela Ángeles Mondragón é defensora dos dereitos territoriais. Desde hai máis de dúas décadas acompaña ao pobo rarámuri, unha comunidade indíxena do norte de México, na recuperación de 44.000 hectáreas de terra e o recoñecemento dos seus dereitos

Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.

Se queres podes vir a buscar lo libro á biblioteca ou dascargalo en formato PDF facendo clic [aquí].

Defensoras de Dereitos é unha colección impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD e Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social xunto á Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos. Cada libro recolle a historia de vida e acción política dunha defensora de dereitos de Mesoamérica. Xuntos, forman un mosaico de relatos persoais e colectivos pola dignidade e a vida.

Depósito legal: PO 443-2020
Nº de Páxinas: 44
Formato: 18 x 25 cm 
Encadernación: Cartoné

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger