xoves, 4 de febreiro de 2021

CONTA COMIGO

CONTA COMIGO
Autor: Miguel Tanco
Tradución: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

As matemáticas están en todas partes. Ás veces están agochadas e a min encántame atopalas.

Todo o mundo ten unha paixón. Para algúns é a música, para outros a pintura. Pero para a protagonista desta historia son as matemáticas. Cando mira o mundo, veas en todas as cousas fermosas que a rodean.

Hai quen non entende a súa paixón, pero a ela non lle importa. Hai infinitas formas de ver o mundo, e as matemáticas son unha delas.

Un libro sinxelo e humorístico para combater a ansiedade ante as matemáticas.

Un divertido libro álbum que pretende achegar a través do humor as temidas matemáticas a todos aqueles nenos que non entenden para que serve esta materia. 

E tamén un homenaxe para quen as adoran, que descubrirán nas súas ilustracións un montón de chiscadelas á súa paixón.
 
Ao final do libro os lectores atoparán unha parte didáctica a modo de caderno de campo, con explicacións de termos matemáticos que en principio semellan complexos pero que descubriremos próximos e alcanzables.

ISBN: 978-84-949548-8-6
Nº de páxinas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 29 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger