mércores, 14 de outubro de 2020

HEICHAS CONTAR. Contribución ao corpus mitolóxico galego

HEICHAS CONTAR
Contribución ao corpus mitolóxico galego
Autor: Rafael Quintía Pereira
AB ORIGINE Edicións

Xénero: Literatura Galega - Ensaio / Ciencias Sociais

O presente libro é un compendio de 175 lendas recollidas polo antropólogo Rafael Quintía ao longo de quince anos de traballo de campo por Galicia. Unha escolma de material mitolóxicos que servirá para engrosar aínda máis o valioso fardel da nosa literatura oral.

A obra pretende dar voz e renderlle unha homenaxe a todos aqueles homes e a todas aquelas mulleres que tiveron a ben compartir co autor os seus saberes, as súas historias e o seu patrimonio oral ao longo destes anos de investigación ao redor do patrimonio inmaterial galego.

ISBN: 978-84-947844-7-7
Nº de páxinas: 394
Encadernación: Rústica con solapas
Formato 16 x 23 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger