E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 26 de febreiro de 2020

MITOS E LENDAS DA GALICIA MÁXICA


MITOS E LENDAS DA GALICIA MÁXICA
Autor: José Luis Casteleiro Santos
Ilustrador Carlos Sardiña
Edita: Hércules de Ediciones, SL

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

A mitoloxía galega bebe de moitas fontes e é herdeira de diferentes tradicións, entre elas da mitoloxía clásica, nórdica e bretoa. Tamén recolle trazos dos antigos contos populares europeos e do bestiario medieval, polo que moitos dos relatos que compoñen o seu extenso imaxinario teñen os seus equivalentes en outras culturas. Estes mitos foron obxecto de especial interese para os grandes clásicos da literatura galega; mais, hoxe en día, encóntranse practicamente esquecidos e resultan descoñecidos para boa parte dos galegos.

Polo tanto, a nosa intención con este libro foi recompilar e ilustrar, de xeito sinxelo pero vistoso, algúns daqueles mitos e lendas máis representativos, co obxectivo de contribuír á súa divulgación, tamén entre os máis novos, como exemplo da exorbitante riqueza que conforma a nosa tradición folclórica, de inmenso valor cultural e patrimonial.

ISBN: 978-84-120336-1-8
Nº de páxinas: 39
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 30 x 22 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger