CANDO CAE A LUZ
Autor: María Canosa
Edita: Urco Editora
Xénero: Literatura Galega - Narrativa
"Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas. E isto non e certo", así dicía Anxel Fole. Claro que arredor dunha lareira, coas tebras da noite caendo sobre as costas, as lapas bailando na negrura e debuzando monstros na cara, as palabras dos relatos podían vestir de negro os pensamentos máis agochados. Naquela escena resultaba máis críbel e aterrador.
Noites de inverno nas que as palabras, o caldo e o viño quecían máis que o propio lume. Traballar pola fresca da mañá e xuntarse para falar ao cabo do día eran os fitos que marcaban o calendario. Falar. Comunicar. Transmitir. Compartir.
Os radiadores, a calefacción, quentaron os corpos e arrefriaron os corazóns.
Claro que os lobos seguen a existir. Non son tan doados de ver. Ocúltanse no monte e baizan silandeiros, en forma de sombras, ruídos, bicos traizoeiros, treboadas, badaladas... Transformáronse co paso do tempo, mais os lobos habitan o mundo e acoden a nós... Cando cae a luz.
ISBN: 978-84-15699-97-2
Nº de páxinas: 121
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 21 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.