E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 9 de novembro de 2019

CRIS DE CALDAS con "OS CONTOS DO MEU BAÚL" e "TECENDO CONTOS" no 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL DE PAZOS DE BORBÉN


4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL
"FALAR POR FALAR"
DE
PAZOS DE BORBÉN

Continuará o 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" o venres 15 de novembro coa presenza de CRIS DE CALDAS que nos ofrecerá os seguintes espectáculos:

Ás 13:00 horas ofrecerános o espectáculo "OS CONTOS DO MEU BAÚL" no que Cris de Caldas trae un baúl cheo de contos e poemas no que leva contos escoitados aos maiores, e contos lidos. Contos para aprender e contos de humor. Moito conto hai no seu baúl!. E tamén saen del versos dos que che deixan o ritmo pegado ao corpo. Nese baúl cabe todo tipo de sorpresas. Abrímolo?!.

A esta primeira sesión asistirán os rapaces de 1º e 2º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, ademais de varios usuarios da Asociación ASPAVI.

Ás 20:00 horas presentará para o público adulto "TECENDO CONTOS", contos tecidos na memoria dos tempos e transmitidos oralmente xunto a outros contos tecidos na escrita. Versións non coñecidas de contos clásicos que se unen a interpretacións libres de relatos literarios. Oralidade e literatura danse a man para xuntar contos para non esquecer, dos escoitados ao redor do lume, de denuncias, pantasmas e algunha risa tamén se tecerá...

Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR
O AFORO DO LOCAL

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger