Seguimos coas actividades de animación á lectura do mes
de outubro e, nesta ocasión, levaremos a cabo o OBRADOIRO DE
CREACIÓN LITERARIA "CÓMO ESCRIBIR UN RELATO EN 10 PASOS” que
impartirá a escritora lucense ANDREA BARREIRA FREIJE e no que participarán os
alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Terá
lugar os días 1
e 2 de outubro na Sala de Lectura da biblioteca.
Cada
grupo terá unha sesión cunha duración de hora e media neste obradoiro de
escrita que funciona como unha receita.
A
través dos pasos que se lles irán ensinando, os participantes descubrirán tanto
o traballo que hai detrás dun texto como os elementos narrativos e como
conxugalo todo. Partindo dun xogo de azar no que os elementos van saíindo de
botes de vidro que nos empurran a crear unha ou outra historia.
O obxectivo final
é que os participantes adquiran a ferramentas
necesarias para escribir un relato.
Esta
actividade enmárcase no programa de obradoiros e concursos de
creación literaria do proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do
Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de
Pontevedra.
Mais información no teléfono 986 497 273.
VINDE A BIBLIOPAZOS E PARTICIPAR DAS SÚAS ACTIVIDADES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.