domingo, 10 de febreiro de 2019

EXTINTOS BÁSICOS


EXTINTOS BÁSICOS
Autor: Xosé Manuel G.Trigo
Edicións Xerais de Galicia, S.A
Colección: Narrativa

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Gañaron moito nos últimos anos as rúas compostelás.

Gañaron as colores varias das xentes procedentes doutros climas e latitudes, gañaron perfumes e modas. Ata hai pouco veu primando, século adiante, o cromatismo de La casa de la Troya en branco e negro. Curas de sotana, catedráticos de gris e boticarios de bata. Agora os autonómicos tempos trouxeron os tres pes: policromía, politiquería e pizzería. (E aínda hai quen fala dun cuarto pe.) De xeito que a cidade xa non debería resultar tan lóbrega como a coñeceu aquel señorito madrileño, que se chamaba Gerardo Roquer, que veu a estudiar a Santiago da man de Pérez Lugín.

Sen embargo, estroutra señorita coruñesa que solta á súa parelliña de infantes -o neno de monopatín, a nena de patíns- pola Praza Roxa mentres ela se instala nunha cafetería do recinto, non parece ser moi feliz en Compostela.

ISBN: 84-8302-207-9
Nº de páxinas: 92
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger