E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 24 de decembro de 2018

O CASTELO REGADEIRA


O CASTELO REGADEIRA
Autor: Norberto
Ilustrador: Norberto
Edita: El patito editorial

Xénero: Literatura en Galego - Cómic

Escolma de páxinas pertencentes á serie "O Castelo Regadeira" que o debuxante Norberto Fernández realizou para a desaparecida revista de cómic Golfiño e coa que acadou grande éxito entre os lectores.

O álbum ofrece unha ampla selección de súas páxinas, dá boa conta do universo fantástico no que se desenvolvía a serie e permite achegarse a boa parte dos seus numerosos personaxes, entre eles, Xiana, a fermosa e sexy protagonista, e aos seus amigos Toxo e Tuxo, Gorxón, o Lobisneno ou Kuldina.

A selección permite albiscar o desenvolvemento narrativo da historia e mais o seu imaxinario, ateigado de matices, temáticas e acenos cómplices que afondan na dobre lectura, así como a calidade do debuxo dinámico, realista e cargado de detalles.

O Castelo Regadeira, presentase nunha edición moi coidada de 52 páxinas a todo cor, cun formato a gran tamaño para que os afeccionados e o novo público, disfruten con cada detalle das viñetas. Ademáis para a ocasión o autor debuxou unha portada exclusiva na que todos os seus protagonistas teñen un espazo.

ISBN: 978-84-612-0466-3
Nº de páxinas: 52
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 32 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger