mércores, 14 de novembro de 2018

O TALÓN DE FERRO


O TALÓN DE FERRO
Autor: Jack London
Edita: Urco Editora

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Tras catro séculos de dominio da oligarquía, a sociedade finalmente libérase e alcanza o soño dun mundo onde a igualdade e o respecto dominan a vida da Humanidade. Máis a xente non debe esquecer  do que foi capaz a represión do Talón de Ferro polo que se publica un manuscrito do século XX no que se narra como comezou todo.

Avis Everhard, filla da burguesía que decide unirse ao proletariado por convicción, conta os feitos que desencadearon a represión do Talón de Ferro na primeira metade do século XX. Ernest Everhard, un dos líderes socialistas de época e esposo da autora, convértese no fío conductor dunha narración que percorre os últimos intentos dunha sociedade oprimida por sobrevivir ante o imparábel avance da oligarquía en todo o mundo.

Como fai en A praga escarlata, Jack London parte dun feito fantástico para describir cunha certeza terrorífica a situación na que se atopa o proletariado na primeira metade do século XX. Mais O talón de ferro vai aínda alén, xa que descrile o enfermizo funcionamento do capitalismo e anticipa todos os problemas e crises que provocará e que, hoxe con máis forza que nunca, estamos a padecer.

ISBN: 978-84-937142-6-0
Nº de páxinas: 294
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger