Autor: Manuel Gago
Edita: Edicións Xerais de Galicia
Xénero: Literatura en Galego - Narrativa
Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder de Franco. Ata que todo se cruza.
Unha mestra recibr o primeiro destino nunha distante aldea la Costa da Morte. Un guerrilleiro de sona acepta a misión máis perigosa. E un pintor de oceános asume un incómodo encargo. Sen sabelo, os tres van ficar unidos polo desengano, a esperanza e a valentía, nun remuíño que uno os seus pasados cos dramáticos acontecementos de Europa.
Na súa segunda novela, Manuel Gago mergúllase nun poderoso relato de acción no que se mesturan a historia, a lenda e a ficción. Unha novela sobre esquecidos heroes anónimos que non saben que son tal.
Cando dúas guerras se xuntan, o futuro do mundo está en xogo.
Nº de páxinas: 447
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 22 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.