Autor: Fran Fernández Dávila
Ilustrador: Juan Carlos Abraldes
Editorial Galaxia, S.A
Colección: Literaria
Xénero: Literatura en Galego - Narrativa
Premio de Novela por entregas "La Voz de Galicia" 2017
Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios cruciais da súa mocidade. Unha serie de acontecementos que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo xogou un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable.
A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñerio e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da memoria máis distante aqueles feitos en que, sendo neno, tivo unha participación fundamental. O autor combina á perfección o emprego ben dosificado dun estilo de claras reminiscencias literarias coa eficacia narrativa, facendo que a intriga medre en intensidade. Na costa sur de Galicia conflúen os dous bandos que pouco despois haberían de enfrontarse na contenda bélica mundial: aliados e nazis.
Un drama no que os galegos tamén se verán implicados.
Un drama no que os galegos tamén se verán implicados.
Nº de páxinas: 136
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.