Autora: María Lado
Ilustracións: Eva Agra
Urco Editora
Colección: Mulleres bravas da nosa historia
Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos - Biografías
Idade Recomendada: A partir de 9 anos
Esta é a histora dunha nena que brillaba no silencio da noite...
Velaquí a primeira das nosas Mulleres Bravas, a benquerida e admirada Rosalía de Castro.
Se abrides este libro poderedes facer un percorrido pola súa nenez, as súas mudanzas vitais, coñeceredes as súas amizades e familiares, e sobre todo, seredes partícipes dos seus comezos literarios, eses que a converteron na poeta máis senlleira de Galiza.
Mais non faredes esta andaina en soidade, senón na compaña da Lucecú que viviu a carón de Rosalía durante todos os anos da súa vida, compartindo ledicias e épocas de menos luz.
...por onde máis negra é a sombra é onde mellor se ven as estrelas.
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm
Eu paseino moi ben escribíndoo e descubrín moitas cousas curiosas sobre a vida de Rosalía que me sorprenderin. Agardo que as lectoras e lectores da Bibliopazos tamén gocen léndoo. Un saúdo!
ResponderEliminarGrazas María polo teu comentario. Apertas desde BiblioPazos.
ResponderEliminar