venres, 24 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO


DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE
XÉNERO

A eliminación da violencia contra as mulleres é un reto de toda a sociedade. Unha tarefa conxunta, que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación.

Dende o Concello de Pazos de Borbén queremos expresar con firmeza, non só o noso rexeitamento ás violencias que sofren as mulleres polo mero feito de selo, senón tamén dar conta de que é algo que nos compromete a todas e a todos, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación, recoñecendo a importancia do papel das entidades locais en tanto poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres, os nenos e as nenas.

Ademais de reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen a exerce e da complicidade de quen as silencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger