Tódolos Venres
do mes de
NOVEMBRO
no
Auditorio do Concello
de
Pazos de Borbén
do mes de
NOVEMBRO
no
Auditorio do Concello
de
Pazos de Borbén
Por segundo ano a Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal celebrará un novo CICLO DE TRADICIÓN ORAL coa programación tódolos venres do mes de novembro de diversas actuacións a cargo dalgunhas das mellores contadoras de historias de Galicia.
Fátima Fernández, Sherezade Bardají, Soledad Felloza e Ana Carreira son as contadoras seleccionadas para esta 2ª edición coa que se pretende continuar homenaxeando ás nosas tradicións a través das historias de sempre que nos contaban os nosos antergos: contos e lendas tradicionais de arrepío, de medo, de morte, de mouras, de aparecidos, de alegrías, de penas, de ricos, de pobres, de animais, de mitoloxía..., co obxectivo de espertar a imaxinación e a emotividade con estas historias que nos conectarán cos nosos avós e tataravós e con aqueles lonxanos tempos nos que... había moito conto.
A inauguración deste 2º CICLO será a cargo da lucense Fátima Fernández o día 3 de novembro ás 13:00 horas co espectáculo "Contos revoltos" para os alumnos de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
O mesmo día ás 20:00 horas para mozos e adultos ofreceranos outra actuación coa espectáculo "Contos en boca dunha muller".
"Había unha vez unha contadora de historias moi ordenada, levaba todos os seus contos colocadiños dentro das súas maletas; pero un día, un remuíño curioso quixo ver os seus contos, meteuse nas maletas e cando saiu delas, os contos estaban todos revoltos, os de amor cos de medo, os pequenos cos grandes..."
O mesmo día ás 20:00 horas para mozos e adultos ofreceranos outra actuación coa espectáculo "Contos en boca dunha muller".
"As mulleres non só somos personaxes da narrativa oral, fumos quen de transmitila. Na nosa Galicia, as nais e avoas abanearonnos nos seus berzes mentras nos contaban as historias que a elas lles contaron, ou que elas inventaban. Hoxe gostaríame contarvos algunhas das que eu escoitei na miña casa."
O 10 de novembro ás 20:00 horas terá lugar a actuación de Sherezade Bardají con "A noite nos ollos".
Continuamos o ciclo o día 17 de novembro ás 20:00 horas coa contadora hispano-uruguaia Soledad Felloza co seu espectáculo "Unha mulata na corte do Rei García", un repertorio composto por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega...
Para pechar este 2º Ciclo de Tradición Oral, o día 24 de novembro ás 13:00 horas Ana Carreira ofrecerálle aos alumnos de secundaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos o espectáculo"Moito conto".
E ás 20:00 horas nova actuación de Ana Carreira dirixida a mozos e adultos contaranos "Pequenas historias".
ESPERÁMOSVOS, NON FALTEDES!!!
"Unha cadeira, máis de dúas historias, e tres caixas de galletas. Invítovos a sentarvos, para escoitar, para ver e vivir un espectáculo de contos. Con algúns obxectos que non son o que parecen e algunhas historias que parecen o que son. En definitiva, un xogo de luces, un espellismo."
Continuamos o ciclo o día 17 de novembro ás 20:00 horas coa contadora hispano-uruguaia Soledad Felloza co seu espectáculo "Unha mulata na corte do Rei García", un repertorio composto por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega...
"Á corte do Rei García chega unha mulata. A diferencia do ianqui que parou na corte do rei Artur, que tenga cambiar todo cos seus coñecementos de futuro, esta mulata fai unha viaxe ao pasado para celebrar a riqueza dun reino que algúns queren deixar perdido no fo0ndo dos tempos. Un espectáculo para percorrer o mapa do imaxinario dun territorio que ten un humor e unha historia tan rica como as súas altas ribeiras. Historias dun mundo onde a memoria vai máis alá, esfumándose e desdebuxándose en mil recantos para volver ser xuntada e contada de novo."
Para pechar este 2º Ciclo de Tradición Oral, o día 24 de novembro ás 13:00 horas Ana Carreira ofrecerálle aos alumnos de secundaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos o espectáculo"Moito conto".
"A través do lúdico faise unha revisión da concepción clásica do conto, para adaptala á necesidade dun discurso máis actual. Princesas que non queren ser princesas, títulos que conteñen outras historias, a forza dos pequenos fronte aos grandes. En definitiva, personaxes que cambian de rol para cambiar o mundo."
E ás 20:00 horas nova actuación de Ana Carreira dirixida a mozos e adultos contaranos "Pequenas historias".
"Un repertorio que xorde de fontes como a literatura, a tradición oral e o anecdotario persoal ou o imaxinario social. Trátese dun conxunto híbrido de contos cuxo nexo común son uns personaxes con pequenas vidas que non afectan á historia do mundo, pero que contan moito. Unha laretada sobre persoas, que deixan tal pegada nos corpos e no maxín, que hai que contalo."
Este ciclo de Tradición Oral está patrocinado pola
ENTRADA DE BALDE
ATA
COMPLETAR AFORO
ATA
COMPLETAR AFORO
ESPERÁMOSVOS, NON FALTEDES!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.