luns, 18 de setembro de 2017

MARIÑA: DE DEUSA A SANTA


MARIÑA: DE DEUSA A SANTA
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial Galaxia S.A.
1ª edición, 2017
Colección: Ensaio

Xénero: Literatura galega - Ensaio

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016

O libro é unha análise e estudo da apropiación dos mitos célticos e da relixiosidade galaica realizada polo cristianismo. Neste caso, exemplificada a través das múltiples advocacións a Santa Mariña presentes en Galicia.

Mariña: de deusa a santa está escrito nunha prosa áxil e fluída que facilita un percorrido ameno polas transofrmacións históricas do culto pagá e do cristián. Estas transformacións converteron os lugares de culto coma montes, fontes, árbores e lagoas sagradas en lugares cristianizados.

O traballo de investigación realizado polo autor insírese dese xeito nunha tradición de grande importancia para a cultura galega, tradición que chanta as súas raíces no labor do Seminario de Estudos Galegos.

Velaquí un ensaio ben documentado e cunha exposición analítica dun caso senlleiro que constitúa unha especificidade de enorme significado para a antropoloxía cultural de Galicia.

ISBN : 978-84-9151-061-1
Nº de páxinas : 244
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 135 x 210


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger