OS OLLOS DO DRAGÓN
Autor: M. Angels Gardella
Ilustracións: Miguel Docampo
Editorial Galaxia, S.A. 1992
Colección: ÁRBORE
Autor: M. Angels Gardella
Ilustracións: Miguel Docampo
Editorial Galaxia, S.A. 1992
Colección: ÁRBORE
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa
Idade recomendada: +12 anos
Os ollos do dragón conta unha historia de amor. No ano mil novecentos sesenta e oito, Marcel enamórae de Lu, unha rapaza xaponesa que actúa nun circo que se detén na vila onde el reside. Durante dous meses, a relación entre ambos é tan intensa que acaba por cambiar dun xeito notable a maneira de ser de Marcel. Vinte anos despois, este atopa unhas acuarelas nunha vella carpeta e, rememorando o seu amor, acórdase dos fermosos contos que lle contaba Lu, que el vai referindo para o lector: o conto do salgueiro, o das cortinas de seda, o dos ollos do dragón ou o da bolboreta e o testo, entre outros.
Son historias orientais, debaixo das cales non é difícil atopar agudas alusións á envexa, á tenacidade ou á solidariedade.
Son historias orientais, debaixo das cales non é difícil atopar agudas alusións á envexa, á tenacidade ou á solidariedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.