luns, 17 de xullo de 2017

MÁQUINAS


MÁQUINAS 
Autor:Luisa Morandeira 
Ilustracións:Chloé Poizat 
Kalandraka Editora S.L 
Colección: Demademora 

Xénero: Literatura Infantil en galego -Contos 

Idade  Recomendada: +6 años 

Medalla de Bronce no concurso de Libros mellor editados do mundo 2002, celebrado na cidade xermana de Leipzig. 

Premio Nacional ó Libro Mellor Editado, na modalidade de Libros Infantís e Xuvenís 2001.

Este libro propón unha sorte de catálogo poético de máquinas que poderían satisfacer as ilusións que algún bo soñador, sexa neno ou queira seguir séndoo, algunha vez tivo ou terá.

Quen está a piques de abrir o libro Máquinas de Chloé Poizat está por atoparse cunha experiencia estética próxima ao soño.

Algúns exemplos para convidar a percorrelo:
  • unha máquina para dar pasos de xigante
  • unha máquina para fabricar noites e estrelas
  • unha máquina para facerse case invisible
  • unha máquina para facer viaxar ao teu paxaro engaiolado...
e tantas outras que mostran unha rara unión entre a admiración pola técnica, a poesía, a nostalxia e o humor. 

ISBN:84-8464-026-4 
Nº de páginas:38 
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger