2º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR"

2º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR"
3, 10, 17 e 21 de Novembro de 2017 / Auditorio do Concello

Cuentos violetas

Cuentos violetas
22-Novembro-2017 / Sala de Lectura

luns, 21 de novembro de 2016

MANUEL ANTONIO


 MANUEL ANTONIO
Autor: Xosé Luis Axeitos Agrelo
Dirección Xeral de Promoción Cultural,2000
Colección: A Nosa Memoria

Xénero: Ensaio- Biografías

No centenario do nacemento de Manuel Antonio (1900-1930), cómpre que nos lembremos desta figura sobranceira das nosas letras, que nos derradeiros anos da súa vida plasmou poeticamente unha boa parte dos soños do noso país.

A súa figura permanentemente lanzal e vizosa ten tanto que ver coa súa mocidade coma coa permanente novidade dos seus versos, a  través dos cales ampliou os límites da nosa cultura traendo á nosa poesía o ton e o aire da modernidade europea.

Manuel Antonio supón para Galicia o desexo e a necesidade de rexenerarse sen esquecer o noso pasado. A súa voz representa entre os rianxeiros ilustres como Castelao ou Dieste, a paixón e o desbordamento. Dotado dunha personalidade rexa, foi intransixente contra as inxusticias e orgulloso dos valores do seu pobo.

Esta colección, A Nosa Memoria, quere con esta monografía tributar unha homenaxe a este poeta e a este home, Manuel Antonio Pérez Sánchez, que levou o noso idioma e o nome de Galicia polo mundo con orgullo e con dignidade.
   
ISBN: 84-453-2734-8
Nº de páxinas: 137
Encadernación: Tapa branda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger