"O RECUNCHO DO HUMOR" por David Blanco

UN REFRÁN DE RAS
Adiviña cal é o refrán favorito das ras:
“En boca aberta entran moscas”

QUE É UNHA LEOA?
Lucia, que é unha leoa?
-
Un mamífero.
Moi ben.

E un león?
-Un papífero

luns, 1 de agosto de 2016

QUE BONITO É PANAMÁ!


QUE BONITO É PANAMÁ!
Texto e ilustracións: Janosch
Tradución: Dolores Romay
Kalandraka Editora, 2001
Colección: Seteleguas 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa 

Idade recomendada: + 7 anos 

Oso pequeno e tigre pequeno vivían felices nunha casa con cheminea á beira do río.

Un día pasou flotando polo río unha caixa que cheiraba a plátanos, e entón pensaron marchar na procura da terra dos seus soños... 

O pequeno oso e o pequeno tigre son a esencia da amizade e a súa viaxe na procura do lugar ideal representa a madurez e a aventura cotiá. 

Un clásico entrañable que desprende humor, optimismo e inocencia. 

ISBN: 978-84-8464-091-4
Nº de páxinas: 50
Formato: 15 x 21,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger