VIEIRO DA FRANQUEIRA
Texto: Xabier Viana
Dirección e Fotografía: Pío García
Coordinación e revisión lingüística: Xosé González Martínez /Carmen Pérez Vaquero
Deseñadora: Nerea Otazo Echebería
Edita: Asociación Intermunicipal Vieiro da Franqueira, 2007
Xénero: Xeografía - Guías
Contén 1 DVD
Mirar, pousa-la vista na paisaxe ou nalgún detalle que chama a atención: así actúa por norma o viaxeiro. Pero quen viaxa a pé sabe que pousa-la vista é como facer pousada nun sitio: repousar.
Onde pousa a vista o camiñante deste "Vieiro" que vai cara as altas terras da Franqueira?
Desto trata esta guía: das visións persoais (multipersoais) daqueles que, por devoción, hábito ou simple curiosidade, percorren estas rotas.
Así -quen sabe- poderemos tamén nós pousa-la vista no mellor de varios mundos que saen ao paso do viaxeiro.
Unha vía para o patrimonio
O santuario da Franqueira é un vertice onde conflúen múltiples camiños. Desde hai centos de anos, miles de persoas emprenden a viaxe ata o santuario atravesando rotas marcadas pola tradición e que xa forman parte dese patrimonio inmaterial que aparece h oxe tan valorado en tantos proxectos de recuperación local.
O propósito do proxecto "Vieiro da Franqueira" é precisamente destacar e poñer en valor todo o patrimonio (natural e cultural) asociado a unha rota ancestral, formada por múltiples vías que enlazan lugares, parroquias e concellos, que corre xunto a fragas e ríos, por montes e vales. Un territorio común que ten na actualidade un potencial turístico por explotar...
Nº de páxinas: 88
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.