E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 7 de xullo de 2016

CONTOS DE OGRAS, AVENTURAS, BALADAS E PIRATAS


CONTOS DE OGRAS, AVENTURAS, BALADAS E PIRATAS
Autores/as: Ánxela Gracíán / Uxía Casal / Daniel Ameixeiro / Antonio Reigosa
Ilustracións: Suso Cubeiro
Colección Lagarto Pintado
Edita: Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural - Xunta de Galicia, 2006

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: + 9 anos

Suso Cubeiro acompaña cos seus debuxos catro relatos engaiolantes. Ogros hainos bos e malos e Ánxela Gracián achéganos unha ogra de bo corazón que se fai amiga dun neno porque... tamén as ogras teñen sentimentos!

Uxía Casal lévanos con Tito e Quique a coñecer os ananos, nunha tarde de aventuras para os dous rapaces e... para nós.

A nosa imaxinación é unha poderosa ferramenta para coñecer o mundo, como nos amosan Antonio Reigosa e o neno cego do que nos fala no seu relato.

E, por último, unha mestura de piratas, meigas e camaleóns escrita e servida por Daniel Ameixeiro!

Este libro contén os seguintes títulos: "Ogra Pinta" de Ánxela Gracián; "Tarde de aventuras" de Uxía Casal; "Balada do neno cego" de Antonio Reigosa; e "Tres piratas, unha bruxa e algo máis" de Daniel Ameixeiro.

Nº de páxinas: 68
Formato: 11 × 19 cm
D.L. 725/2006


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger