mércores, 8 de xuño de 2016

CURSO "BUSCA ACTIVA DE EMPREGO POR INTERNET"

O Concello de Pazos de Borbén, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil acaba de publicitar un novo curso de formación totalmente gratuíto para os interesados.

https://www.dropbox.com/s/h5xy0zr0uetzhg7/2016-05-31%20CARTEL%20CURSO%20BUSCA%20ACTIVA%20EMPREGO2.jpg?dl=0
 
O curso é de "BUSCA ACTIVA DE EMPREGO POR INTERNET", terá unha duración de 12 horas lectivas, e levarase a cabo nas instalacións da Aula de Informática da Biblioteca Pública Municipal - Centro Antena do concello.

NÚMERO DE PRAZAS:   14

PRAZO INSCRICIÓN:  Ata esgotar as prazas. Obrigatoria a inscrición mediante presentación da solicitude por rexistro de entrada do concello.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
  1. Mozos e mozas entre 16-30 anos empadroados.
  2. Mozos e mozas entre 16-30 anos non empadroados.
  3. Persoas empadroadas que non cumprar o requisito da idade.
MÁIS INFORMACIÓN
 Oficinas do Concello de Pazos de Borbén
Rúa Pazos nº 52
36841 Pazos de Borbén (Pontevedra)
986 498 934 (Isabel)
986 497 035 (Isabel)
De Luns a Venres de 09:00 a 14:00 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger