CANTA A LÚA COAS ESTRELAS
Poemas: Rosalía Morlán Viéites
Música: Manuel Vázquez (Manoele de Felisa)
Ilustracións: Isa Albela
Edita Sons de Galicia (Técnicas & Gramaxe S.L.)
Xénero: Literatura Infantil - Poesía - Música
Idade recomendada: + 3 anos
Xosé Neira Vilas dicía na presentación deste libro-CD no Teatro Principal en Santiago de Compostela o día 8 de marzo do pasado ano 2015 que “tense ou non se ten", e este proxecto ten. Ten a sustancia do corazón, ten o agarimo de Rosalía, ten a acollida de todas as persoas que a queren (que son moitas porque ela é unha moi boa persoa e profesional), ten a fermosa voz de Manoele de Felisa, ten o acompañamento de músicos e voces de amigos, e ten as ilustracións de Isa Albela que lle dan un toque moi naif.
As cancións do volume son poemas dos tres libros que ten
publicado Rosalía Morlán, ademais de cinco textos inéditos, que se
dirixen a toda a familia segundo a autora.
O Nadal, o castelo da Rocha Forte, os animais ou a vida na aldea son
algúns dos temas que aparecen no disco. Manoele de Felisa está
acompañando nesta iniciativa polo grupo infantil Os Piñeiriños.
De interese mesmo para os máis pequenos,
que seguro que gustan de arremedar todos os sons dos animais que se
repiten no disco.
Nº de páxinas: 32
Formato: 22,5 x 22,5 cm
Encadernación: Tapa dura
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.