xoves, 21 de abril de 2016

O LOBISHOME DE CANDEÁN


O LOBISHOME DE CANDEÁN
Editorial Galaxia
Colección Costa Oeste 


Xénero: Literatura Xuvenil Galega

Lista de honra CLIJ 2011

Nestes tempos en que xa non se escoitan ouveos a medianoite, en que os lobos visten como persoas, pero pensan coma animais, ás veces aparecen rapazas mortas, abandonadas no medio do monte. Non hai explicación lóxica posible para iso, máis alá da eterna sede de sangue dos lobishomes.

Elvira, unha rapaza adolescente, séntese atraída por un mozo ao que coñece nunha discoteca un sábado de madrugada, esa atracción lévaa tras del ao monte de Candeán.

Durante días non se sabe dela, e ao pouco aparece morta, cunha coitelada no estómago. Ao seu carón unhas estrañas pegadas de lobo.

Os seus amigos deixan as súas actividades cotiás e convértense en brigadistas na procura dun lobo, ao que se escoita ouvear polas noites, e que consideran causante do asasinato.Establécense novas relacións entre eles e tamén coas súas familias.

Así mesmo, un mozo da zona fuxe todas as noites pola fiestra da súa habitación. A relación cos seus pais é fría e distante, non se leva cos mozos do lugar. É un rapaz solitario e retraído, que se cadra, coñece o que acontece na bisbarra.

Balbina e Manuel —o policía— desenmarañarán o misterio que ten en vilo a todos os veciños. Celia, a nai de Elvira, tras algún tempo, volverá sorrir. 

Valores: O respecto aos maiores; a responsabilidade; a educación; o sexismo; alcol e drogas; a adolescencia; as relacións interxeracionais; a coeducación; a violencia; as novas tecnoloxías: os videoxogos, o móbil..., Ciencias Sociais, Ética e Cidadanía.

ISBN: 978-84-9865-217-8
Nº de páxinas:129
Encadernación: Rústica
Formato: 13,5 x 21 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger