Autor: O Henry
Editorial: TrisTram, S.L - 1997
Xénero: Narrativa
O Oeste noreamericano, as rexións inmensas que o home branco foi colonizando ó longo do século pasado, é seguramente a rexión mítica por excelencia para o público actual. Coñecémola polo cine, por innumerables películas ambientadas naquela época dos pioneiros, por historias que falan de homes libres nun territorio salvaxe.
A épica retratada nos westerns de Hollywood tivo os seus precedentes literarios (tamén fotográficos e pictóricos), sen dúbida menos coñecidos, pero tanto ou máis interesantes, xa que falaban en directo do que estaba pasando na fronteira.
O presente volume acolle algúns bos exemplos da literatura do Oeste. Danse cita nestas páxinas historias entre a épica e a traxedia, como as de Nathaniel Hawthorne, Stephen Crane ou Ambrose Bierce, pero tamén aqueloutras nas que o humor se fai dono das chairas infinitas e das enormes montañas polas que andaron mestres do relato como Francis Bret Harte, Mark Twain e O Henry.
ISBN: 84-89377-10-3
ISBN: 84-89377-10-3
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14 cm
Nº de páxinas: 208
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.