xoves, 31 de decembro de 2015

CONTOS DE REIS E DE NADAL


Contos de Reis e de Nadal
Autor: Miguel Vázquez Freire
Ilustracións de Xosé Tomás
Edicións Xerais de Galicia S.A.
1ª ed., novembro 2007
Colección: Merlín azul.

Idade recomendada: De 7 anos en diante

Literatura Infantil en Galego - Nadal- Reis Magos-Narracións

Contos de Reis e de Nadal contén na súa primeira parte catro contos de Reis (“A mañá do monstro”, “A Noite de Reis da Princesa”, “Marquiños quería un balón”, “Xandro e Tomé”) e, na segunda, outros tres de Nadal (“A viaxe de Fátima”, “O home que reconstruía a súa casa” e “O señor Scrooge tiña razón”).

Nos do ciclo de Reis aparecen nenos aos que os Magos nunca lles traen o que piden; nenas que cando chegan os Reis Magos aínda están espertas, e nenos, coma Xandro, que pese a que os de Oriente si lles traen o que lles piden, só son felices cando comparten os xoguetes con outros nenos que teñen menos.

Nos contos do ciclo de Nadal, hai mulleres que foxen da guerra e da fame e queren que o seu fillo naza en Europa; e hai homes que constrúen de novo a súa casa cada vez que unha bomba as destrúe.

Sete contos, escritos co clasicismo narrativo do conto emotivo, sete portelos para construír un mundo máis solidario e feliz dende a infancia.

ISBN: 978-84-9782-632-7
Formato: 13,5 x 19 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío 
Nº de páxinas: 120

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger