VISITAS

martes, 24 de novembro de 2015

NOVA MELLORA DA COLECCIÓN BIBLIOGRÁFICA EN BIBLIOPAZOS

A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) volve a mellorar a súa colección bibliográfica coa incorporación ao catálogo de case 200 novos exemplares para público adulto, xuvenil e infantil, procedentes da adquisición de títulos novos por parte do Concello grazas á subvención concedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e da doazón realizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso.

Con todos estes novos títulos catalogados a Biblioteca pasa a ter uns 9.200 títulos de todas as materias e para todo tipo de lectores a disposición dos seus usuarios de forma totalmente gratuíta.

Estos son parte dos novos títulos catalogados: 

Literatura Infantil

  • Los mejores trucos de MAGIA, varios autores.
  • As lentes de ver, de Margarita del Mazo.
  • O valente coello que quixo soñar, de Miguel Ángel Alonso Diz.
  • Un día no mar, de Paula Carbonell.
  • Carliños Super M, de Margarita del Mazo.
  • A nena á que non deixaban ser FELIZ, de Miguel Ángel Alonso Diz.
  • Só un reloxo, de Roberto Aliaga.
  • O rey dos animais, de Miguel Tanco.
  • O camiños das árbores, de Pep Bruno.
  • Osiño, a vella Xirafa e o valado de pedra, de Susanna Isern.
  • Kiwi, un páxaro máis ben raro, de Susanna Isern.
  • Nena e o mar, de Érica Esmorís. Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.
  • O rabaño, de Margarita del Mazo.
  • O meu pesadelo favorito, de María Solar.
  • Bisa Bea, Bisa bel, de Ana María Machado.
  • Fofuchas. Muñecas de Goma EVA. Aprende a construirlas paso a paso, de Alicia Pereiro.
  • Mi gran libro de Experimentos, varios autores.
  • Xiqui xoque, Fiu Fiu, de María Fumaça.
  • Maria Fumaça... cantar e bailar para ser máis feliz!!!, de María Fumaça.
  • Brinca Vai!, de Paco Nogueiras.
  • Ícaro, de Federico Delicado.
  • Pan de Millo, de Migallas (María Campos e Carlos Yus).


Literatura Xuvenil

  • As lágrimas de Shiva de César Mallorquí.
  • A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos.
  • La hija de la noche de Laura Gallego.
  • Europa Express de Andrea Maceiras.

Literatura Adultos

  • El último Catón, de Matilde Asensi.
  • El regreso del Catón, de Matilde Asensi.
  • El alzamiento, de Brian Keene.
  • Pandemia de Wayne Simmons.
  • El bosque de los pigmeos de Isabel Allende.
  • La reina en el palacio de las corrientes de aire de Stieg Larsson-Millennium 3.
  • Los hombres que no amaban a las mujeres de Stieg Larsson-Milennium 1.
  • Ollos de auga, de Domingo Villar.
  • Relatos de un náufrago de Gabriel García Márquez.
  • Bajo la misma estrella, de John Green.
  • Poemas de Alberto Caeiro, de Fernando Pessoa.
  • Macbeth, de William Shakespeare.
  • Hamlet, de William Shakespeare.
  • De remate, de Héctor Cajaraville. Premio Xerais de Novela 2015.
  • El ángel del caos, de Michelle Zink.
  • Hombres desnudos de Alicia Giménez Bartlett. Premio Planeta 2015.
  • El primer loco. Cuento extraño de Rosalía de Castro.
  • La isla de Alice de Daniel Sánchez Arévalo. Finalista Premio Planeta 2015.
  • Morena, perigosa e románica de Pedro Feijoo.
E moitos máis que podedes ver na nosa páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia facendo clic na seguinte imaxe:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PBM042

e no noso catálogo a través de internet facendo clic na imaxe seguinte:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BuscaAvanzada.aspx?CodigoBiblioteca=PBM042


Se non atopas o libro que necesitas no catálogo contacta connosco e axudámoste a buscalo. Se non o tivésemos, intentaremos conseguilo e si aínda así non fora posible, asesorámoste para levar calquera outro do teu interese.

Desexamos a todos os seguidores, usuarios e lectores que disfruten da lectura.

E recorda

Ler cos teus fillos é divertido.
20 minutos ao día.

 Ven a BiblioPazos!
Fáite socio!
 

É gratis


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger