NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

xoves, 19 de novembro de 2015

En Bibliopazos “TEMOS UN NOVO PLAN: LER”

Dende hoxe en BiblioPazos para todos os nenos e nenas do concello:


TEMOS UN NOVO PLAN:

LER CON SUSAETA

Grazas a doazón que a Fundación Filomena Rivero Alonso realizou á Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén. Esta doazón consta de 124 libros -2 exemplares de cada título- que forman o Plan de Lectura “LER CON SUSAETA” da editorial Susaeta Ediciones S.A.

A concelleira Mª Teresa Cendón e o Secretario da Fundación Filomena Rivero Alonso, Telmo Crespo, no acto de recepción dos libros doados.
Este plan de lectura vai dirixido a nenos e nenas de tódalas idades, a partir dos 6 anos, e está pensado para axudar a resolver as dificultades que moitos nenos teñen para aprender a ler. Pretende animar a ler aos que están empezando, espertar a imaxinación dos pequenos lectores, motivalos para que gocen lendo e darlles confianza na súa progresiva capacidade lectora.

Podes ver no catálogo de BIBLIOPAZOS os títulos da colección facendo clic AQUÍ.

O plan organízase en 4 niveis onde se buscou unha progresión gradual nos temas, a extensión dos textos, o tipo e tamaño da letra, a estrutura das frases, o vocabulario, os contidos e incluso o tipo de ilustracións, de forma que os nenos de calquera idade se sintan cómodos na súa progresión lectora e teñan a satisfacción de ler por completo un libro e gozalo.

A colección inclúe unha ampla variedade de títulos, dende adaptacións de contos clásicos e obras literarias ata historias de nova creación e textos de carácter divulgativo, con diversidade de estilos de ilustración, e ofrece a posibilidade de elixir sempre o libro que máis interese esperte no neno dependendo da idade e dos seus gustos.

A viveza e colorido das ilustracións fan moi atractiva a lectura, ao tempo que o seu detalle e claridade axudan á comprensión do texto. A variedade de estilos de ilustración contribúe á motivación do pequeno lector, que sempre atopará un libro diferente para seguir lendo e crear así o hábito de ler.

Non soamente aos nenos lles resultarán atractivos os textos e ilustracións e gozarán coa súa lectura; tamén os pais terán a satisfacción de ver avanzar aos seus fillos na súa capacidade lectora cuns libros especificamente elaborados con criterios pedagóxicos para garantir esta progresión.

Así mesmo, estes libros poderán ser utilizados polos educadores, profesores e pais como material de traballo en clase ou na casa para estimular a adquisición de coñecementos e valores a través da lectura, á vez que serven de modelo de prosa escrita para que os nenos aprendan a redactar cada vez mellor.

Esta plan ofrece ademais follas de actividades para os pequenos lectores, coas súas solucións, e guías para o educador, profesor ou titor en cada nivel de plan de lectura, que poden descargarse gratuitamente dende a web www.leerconsusaeta.com. Atoparás crucigramas, sopas de letras e tamén debuxos que poñen a proba a atención dos lectores. Van acompañadas das solucións e engádese unha guía con orientacións para os educadores, profesores ou titores.

Dende BIBLIOPAZOS agradecemos enormemente a colaboración da FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO pola doazón desta interesantísima colección de literatura infantil e xuvenil que a partir de hoxe está a disposición de todos os nenos e mozos do Concello de Pazos de Borbén na Biblioteca Pública Municipal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger