venres, 16 de outubro de 2015

BIBLIOPAZOS AO SERVIZO DOS CIDADÁNS

Este ano 2015 está a ser moi produtivo.

Explicámosnos! No que vai de ano fomos quen de catalogar máis de 582 novos libros: Literatura en castelán, en galego, Poesía, Literatura Infantil, Literatura Xuvenil, Literatura de Adultos, Biografías..., procedentes de adquisicións feitas polo Concello e tamén de doazóns de particulares, aos que aproveitamos para agradecerlle enormemente as súas doazons xa que nos permiten mellorar e ampliar a colección bibliográfica que poñemos a disposición dos usuarios.

Podedes consultar o todo o catálogo da biblioteca facendo clic AQUÍ.

 
 

Tamén programamos novas sobre información de lectura e outros temas para que saian publicadas diariamente no blog de BIBLIOPAZOS e seguiremos mantendo a nosa actividade neste campo. Xa levamos publicadas neste ano xa máis de 300 entradas ou artigos no blog.

En total van publicadas no blog -dende o seu inicio alá polo ano 2011- caseque 1.900 entradas e xa temos recibido máis de 68.500 visitas. ¡Unha pasada! 

Por outra banda fomos quen de reorganizar todas as salas do edificio da biblioteca e pintar a Sala de Lectura, o Hall de entrada, a Aula Informática e as oficinas, dándolle un pouquiño máis de vida e de cor ás instalacións. Grazas ao persoal de vías e obras do concello polo seu traballo.

 
 
 

Organizamos de novo a Biblioteca mediante a colocación de novos carteis indicadores nas seccións e andeis para que resulte moito máis fácil a procura das obras que lles poidan interesar aos usuarios e lectores.

Comentar que ante calquera dúbida durante a procura dun libro, estamos aquí para axudarvos tamén nese labor.

 
 
 
 
 
 
 

Realizamos de momento 10 actividades de Animación á Lectura ás que asistiron un total de 350 persoas, a gran maioría alumnos de Primaria e de 3º e 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, usuarios da Asociación ASPAVI, e tamén algúns veciños que se pasaron por aquí.







Tamén organizamos unha Charla-coloquio sobre consumo á que asistiron unhas 20 persoas e na que contamos coa colaboración da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello. Esta charla foi impartida por Iria Aguete -coordinadora de ADICAE GALICIA- a que lle agradecemos moitísimo o seu traballo para que este evento puidese levarse a cabo.


Na Aula de Informática temos impartido varios cursos de Formación incluídos no Programa de Formación Cidadán 2015, totalmente gratuítos para os interesados. Xa fixemos os de Mecanografía para Nenos e para Adultos; de Iniciación á Informática e a Internet para Nenos e para Adultos polos que xa pasaron máis de 40 persoas de tódalas idades; e aínda nos quedan por levar a cabo os de Ofimática Básica (Writer e Calc), Redes Sociais: Facebook e Twitter, Presentacións con Impress e Creación de Blogs con Blogger.

 

Así que xa sabedes se vos interesa algún curso non dubidedes en INFORMARVOS contactando con nos a través do teléfono, Blog e Facebook, ou ben visitándonos personalmente nas nosas instalacións.


Por último comentar que se deron de Alta un total de 45 novos socios e socias

-Por sexo: As Mulleres gañan por abrumadora maioría.
  • 31 mulleres
  • 14 homes
-Por idades: Neste apartado os Adultos e os Nenos andan moi igualados, pero necesitamos máis socios Xuvenís.
  • 23 adultos
  • 2 xuvenís
  • 20 infantís
-Por Parroquias: A máis activa foi a de Pazos, seguida de Nespereira e Borbén; o resto xa quedan un pouco máis lexos. Destacar tamén que se fixeron tamén socios/as algunhas persoas doutros luares do mundo que pasan aquí parte do verán por ser oriundos do municipio, ou ben porque teñen relación habitual co concello por razóns de traballo e/ou por outras causas.
  • 9 da parroquia de Nespereira
  • 4 da parroquia de Cepeda
  • 3 da parroquia de Amoedo
  • 11 da parroquia de Pazos
  • 8 da parroquia de Borbén
  • 2 da parroquia de Moscoso
  • 2 da parroquia de Xunqueiras
  • 1 de Sevilla
  • 1 de Granada
  • 1 de Ponteareas
  • 1 de Redondela
  • 1 de A Lama
  • 1 de Salvador-Bahía (Brasil)
Así que xa sabedes, ANIMÁMOSVOS a facervos socios de BIBLIOPAZOS para conseguir moitos máis usuarios da Biblioteca Pública Municipal e así poder acceder a mellores recursos para revitalizar este importantísimo servizo público.

Para máis información contactar con nos:

Teléfono/Fax 
986 497 273

Correo electrónico

Redes Sociais

E seguimos traballando.

P.D.: Moito de este traballo foi realizado pola compañeira Mónica Reguera que durante os 6 meses de duración do seu contrato -dende mediados de marzo ata mediados de setembro- traballou duramente para organizar a biblioteca, catalogar un montón de libros, subir entradas ao blog, facer a nova cartelería e moitas cousas máis.

Dende BiblioPazos comentar que foi un pracer ter traballado con ela, desexarlle moita sorte e que volte cando sexa posible.

Unha forte aperta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger