mércores, 3 de setembro de 2014

DE VOLTA DAS VACACIÓNS

Ola amigos e amigas de BIBLIOPAZOS.

A partir de hoxe xa estamos de volta das vacacións de verán e totalmente operativos e funcionando a tope para ofrecervos os nosos servizos habituais.

Os próximos Cursos de Formación do Programa de Formación Cidadán de 2014 os empezaremos, previsiblemente, a partir do día 23 de setembro co de "BUSCA ACTIVA DE EMPREGO" e, unha vez finalizado este, seguiránlle os de "REDES SOCIAIS: FACEBOOK E TWITTER" e "CREACIÓN DE BLOGS CON BLOGGER".

Si necesitades algunha información ao respecto podedes facelo chamando ao noso teléfono 986 497 273 no horario habitual de apertura de 09:00 a 14:00 horas, ou ben a través do noso correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org ou a través do Facebook de BIBLIOPAZOS.

Esperámosvos de novo na biblioteca.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger