Para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o próximo Xoves 15 de Maio, ás 13:00 horas na Sala de Lectura da biblioteca contaremos coa presencia de Enrique Mauricio e Carlos Taboada de Polo Correo do Vento que nos deleitarán co seu espectáculo de contacontos "O misterio do pirata Benito Soto".
Esta historia de misterios, homenaxe a Conan Doyle e ao patrimonio galego,
mestura a oralidade coa ilustración e rematará cun obradoiro de debuxo de
temática pirata.
¡Esperamosvos en BIBLIOPAZOS!
Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia,
en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de
Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.