mércores, 14 de maio de 2014

O NENO CAN - Literatura Infantil

O neno can
Autor: Fina Casalderrey / Francisco Castro
Ilustracións de Patricia Castelao
Editorial Galaxia S.A., 2012

Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altair, Leila, Carlos...

Un libro a favor de UNICEF

O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social.

 A artista Patricia Castelao puxo o punto plástico perfecto para que poidamos gozar dun libro que, ademais de apostar pola xustiza e a liberdade, nos agasalla cunhas historias cheas de vida, a pesar da crueza das realidades que conta, e que van engancharnos dende a primeira liña.

O libro entrou en 2013 na LISTA DO CENTRO IBBY DE DOCUMENTACIÓN PARA NENOS CON DIFICULTADES ESPECIAIS.
 
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Rústica con lapelas
ISBN: 978-84-9865-431-8

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger