Licor de abelá con xeo
Xurxo Sierra Veloso
Xurxo Sierra Veloso
Editorial: Sotelo blanco edicions
Colección: Medusa narrativa
Esta obra resultou elixida como finalista do Premio Lueiro Rey de Novela Curta, organizado polo Ilmo.Concello do Grove, por un xurado formado por D. Xesús Alonso Montero, D. Manuel Quintáns Suárez, D. Francisco Martínez Bouzas, D. Armando Requeixo e D. Paulino Martínez Pereiro, e que se reuniu no Grove o día 19 de novembro do 2005.
En Licor de abelá con xeo a vila do Pousadoiro prepárase para a entrega do seu premio anual de novela. Este acontecemento serve de homenaxe a Serafín da Chave, ilustre poeta local ao que todos admiran, agás a súa viúva, que non esquece os soños aos que tivo que renunciar por culpa do matrimonio. Pero aínda hai máis veciños pendentes do veredicto do xurado: un camareiro de espíritu afouto e ideas subersivas, un empresario de pompas fúnebres, un alcalde de vocación algo indecisa, un empregado de banco con escasa capacidade comercial… Mentres tanto, no único restaurante do lugar, os membros do xurado deliberan, disimulan as súas pequenas xenreiras, espallan sobre a mesa as vaidades propias do oficio, procuran en balde a definición de novela perfecta e, por suposto, toman licor de abelá. Uns e máis outros poñen de manifesto que o mundo literario non sempre é tan solemne como semella. Pola contra, ás veces agroman nel contradicións ben rechamantes. A envexa, a mediocridade e o fracaso mestúrase de xeito sorprendente coa tenrura, o amor e a esperanza.
O xurado do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta destacou como principais virtudes un estilo depurado e o feito de mesturar diferentes personaxes e as súas vidas de xeito que unhas se complementan con outras.
Páxinas: 160
ISBN: 84-7824-481-6
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.