Que é Mancomún?
A Xunta de Galicia, da man da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (Fundación), poñen a disposición de toda a comunidade galega o portal Mancomún.
Este portal web pretende servir como portal de
referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre e
de fontes abertas (FLOSS) que se están a desenvolver en Galicia dende os
diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo,
voluntariado, etc. con dous obxectivos principais:
- Servir como canle de comunicación pública na que informar das distintas iniciativas FLOSS, non só da Administración Autonómica, senón tamén do resto de axentes promotores do software libre en Galicia.
- Proporcionar un conxunto integrado de servizos dirixidos a promover a difusión, formación, desenvolvemento ... do software libre e de fontes abertas en Galicia.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
(SXMIT) asume as competencias da Xunta de Galicia en materia de
promoción, desenvolvemento e difusión da sociedade da información e do
coñecemento a través dunha estratexia integradora e próxima á cidadanía.
Entre os seus obxectivos está o impulso á implantación do FLOSS e o uso
de estándares abertos na nosa comunidade, establecendo mecanismos que
faciliten compartir e reutilizar o software.
Dentro deste ámbito a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia
xestiona e coordina as iniciativas públicas relacionadas co fomento e a
promoción do FLOSS, de acordo coas estratexias marcadas pola SXMIT.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.