mércores, 22 de xaneiro de 2025

"COMPOSILÓVA" UNHA MASTERCLASS DO COMPOSITOR JUAN DURÁN PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA DO CPI "CURROS ENRÍQUEZ"


Desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén seguimos organizando e coordinando actividades de animación á lectura e educativo-culturais dirixidas ao alumnado do municipio.

Nesta ocasión o próximo Mércores día 29 de Xaneiro visitará Pazos de Borbén o compositor JUAN DURAN ALONSO, gañador entre outros moitos premios do "Premio Reina Sofía" de Composición no ano 2018; é tamén Académico de Número da Real Academia Galega de Belas Artes e Académico Correspondente da Academia da Música Valenciana.

JUAN DURAN ALONSO achégase a Pazos de Borbén para ofrecer "COMPOSILÓVA" ao alumnado de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, unha pequena masterclass de contacto co mundo da composición musical onde se tratarán aspectos da armonía, melodía e adecuación destos aos diferentes textos musicais, sempre dende unha perspectiva didáctica e contextualizado dentro dun proxecto máis amplo que é o proxecto LÓVA.

O CPI "Curros Enríquez" de Pazos participou na convocatoria de selección realizada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para centros sostidos con fondos públicos que desexaran participar no programa LÓVA para o curso 2024/2025 e foi un dos centros elixidos para desenrolar este programa nas súas aulas. O proxecto levarase a cabo co alumnado de 6º de Primaria e o nome elixido foi o de "Helicopter, compañía de ópera".


LÓVA (La ópera, un vehículo de aprendizaxe) é un proxecto do Teatro Real que conta con máis de dezaséis anos de experiencia e coa participación de 18.000 alumnos/as procedentes de centros de educación primaria, secundaria, educación especial e doutros colectivos sociais. Esta iniciativa utilizar a creación e produción dunha ópera como ferramenta pedagóxica para o desenrolo integral do alumnado e propón que o alumnado experimente a experiencia de ser membro dunha compañía de ópera que traballará ao longo de todo o curso escolar 2024/2025 co obxectivo de representar finalmente a súa propia produción operística.


Neste proxecto educativo LÓVA (A Ópera, un Vehículo de Aprendizaxe) o titor converte a súa aula nunha compañía de ópera. A clase dedica un curso completo a formar a compañía, na que o alumnado organizase por equipos profesionais: dramaturxia, caracterización, vestiario, interpretación, relacións públicas, produción, iluminación, regiduría, escenografía, coreografía e música, para desta forma crear e estrear a súa propia ópera.

Entre outras competencias, LÓVA desenvolve o sentido da responsabilidade e a capacidade de colaboración, xa que, cada un dos participantes acaba comprendendo que do seu traballo depende o doutros e a consecución do resultado final. Doutra banda, como actividade artística, tamén estimula a imaxinación e fai que os escolares se dean conta da potencial da arte como vehículo de expresión dos seus sentimentos e inquietudes.

En resumo, a través deste proxecto lógrase que os participantes aprendan doutra maneira para pensar, sentir e vivir.

A actividade terá lugar o próximo Mércores 29 de Xaneiro de 2025 a partir das 13:00 horas nas instalacións do centro educativo e na mesma participará todo o alumnado de 6º de Primaria.

Dende a Biblioteca Pública Municipal queremos dar as grazas a JUAN DURÁN ALONSO polas facilidades que nos ofreceu desde o primeiro momento que contactamos co mesmo para coordinar esta actividade e poder levala a cabo, ademáis de agradecerlle a súa visita a Pazos de Borbén.

JUAN DURÁN ALONSO ten escrito música de cámara, vocal, sinfónica e escénica, ademais de arranxos e orquestracións de música galega. A súa producción compositiva está depositada no Arquivo de Galicia e foi editada en Viso, Real Musical, Dos acordes, Dinsic, Editorial Rivera, etc. Tamén existen rexistros da súa música en distintos CDs e DVDs. Entre 1987 e 1997 exerceu como profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Foi socio fundador da Asociación Galega de Compositores en 1987, da que chegou a ser Presidente, e entre 2010 e 2018 foi membro da sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega. En 2019 foi elixido Académico de Número da Real Academia Galega de Belas Artes, e en 2020 Académico Correspondente da Academia da Música Valenciana.

Inspector de Educación, dende o ano 2006, na especialidade de ensinanzas artísticas, ten desempeñado distintos postos na Consellería de Educación da Xunta de Galicia: Xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, e Subdirector Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial. Dende ese posto ten coordinado a posta en marcha dos graos elemental, medio e superior nos conservatorios de Galicia, así como a publicación de distintas obras encamiñadas a dar a coñecer a compositores galegos, históricos e actuais, como por exemplo o CD Perspectivas, que recolle 17 obras inéditas de compositores galegos actuais ou o CD Presenzas e ausencias, onde se rexistraron, baixo a batuta de Maximino Zumalave, obras inéditas de distintos compositores galegos. Pero de todas estas iniciativas resulta especialmente destacable o traballo que deseñou e coordinou de 2009 a 2014, destinado a proveer aos conservatorios galegos de obras escritas por compositores actuais para as distintas especialidades instrumentais. Deste xeito naceu en 2014 a publicación Recursos musicais para conservatorios, un volume que recolle máis dun centenar de obras escritas por membros da Asociación Galega de Compositores.

Laureado co Premio de Composición da Universidade Carlos III de Madrid con Álbum para Orquesta (2000); Primeiro Premio de Composición da Federación Galega de Bandas con O soño de Breogán (2008); Premio da Crítica en 2009 pola súa ópera O arame; Premio de Composición do Festival Internacional de Música Española de León con 4 elementos (2011); Finalista do IV Premio Internacional de Música Sacra con Noso Pai (2011); Premio da Cultura Galega en 2013; Primeiro Premio de Composición no XVI Concurso de Composición de Música de Cámara Salvador Seguí en Valencia con Quinteto de Viento (2014); Segundo Premio no Concurso Internacional de Composición Coral FIOP (2017) con Benedictus; e Premio Reina Sofía de Composición (2018) con Whispers in the dark.


Para máis información sobre a biografía do compositor fai CLIC no seguinte enlace: Juan Durán- Compositor - Biografía oficial

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.




martes, 21 de xaneiro de 2025

INICIAMOS AS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO ANO 2025 COA PRESENTACIÓN DAS NOVELAS DO AUTOR "SAMUEL FERRO"

Iniciamos as actividades de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos neste mes de Xaneiro cunha nova proposta dirixida ao alumnado de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Esta actividade terá lugar o próximo Luns día 27 de Xaneiro a partir das 16:00 horas nas instalacións do centro educativo e trátase da visita do escritor novel SAMUEL FERRO que virá a presentar as súas obras ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, nunha actividade organizada conxuntamente entre a Biblioteca Pública Municipal, o profesorado de Historia do centro educativo e o autor.


Na presentación dos seus libros "Tierra de Leyenda I: El legado de Breogán", "Tierra de Leyenda II: Más allá del fin del mundo", e "La queimada de las ánimas", o autor falará sobre á época histórica na que ocorren os feitos narrados nos libros, curiosidades, ubicacións, escritura, xogos e moitas cousas máis que irá desvelando ao longo da súa presentación. Samuel Ferro Iniciará a exposición cunha pequena sinopse dos seus libros para continuar explicando os seguintes puntos:

1- Quen son?
2- Contexto histórico ("Tierra de Leyenda")
a. Como é a idade media?
b. Historia de Castela (1351)
c. Estamentos sociais
d. Tipo de tropas
e. Reino de Galicia
3- Curiosidades medievais
a. Expresións medievais, como enviar mensaxes, etc.
4- Xogo: É medieval?
a. Poñeranse imaxes e terán que dicir se é ou non medieval
5- Legado de Breogán
a. Quen é Breogán?
b. Localizacións das novelas
6- Escritor
a. Pódese ser escritor?
b. Que facer para ser escritor?
c. Que pasos dar para ser escritor?
d. Tips de escritor
7- "La queimada de las ánimas"
a. Tipos de meigas, etc.)
8- Futuras novelas

Ao finalizar a súa presentación haberá tempo para que o alumnado asistente poida facer preguntas para satisfacer aquelas curiosidades que puideran ter sobre o exposto e acontecido na charla.

Samuel Ferro (Vigo, 1987) é escritor e enxeñeiro industrial. Polifacético onde os haxa, dedica o seu tempo ás súas grandes paixóns: as artes marciais, a natureza, o cinema e a lectura, das cales naceu a súa gran paixón, contar historias. Tras facer os guións de diversos curtos, lanzouse co seu maior proxecto: a triloxía "Tierra de Leyenda". Unha obra arriscada, cun estilo fresco e próximo, onde o lector engancharase desde o primeiro capítulo. No ano 2024 publicou a súa última novela "La queimada de las ánimas" e na próxima primaveira prevé o lanzamento de "Tierra de Leyenda III: Camino al purgatorio".

Mais información sobre o autor no enlace: https://samuelferro.blogspot.com/

Desde a Biblioteca queremos dar as grazas a SAMUEL FERRO polas facilidades que nos deu para poder coordinar esta actividade e visitarnos en Pazos de Borbén para presentar as súas novelas.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

xoves, 16 de xaneiro de 2025

"VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBEN" - ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍA G: ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO (7)

E, por fin, chegamos ao final das informacións da Gala de entrega de premios do "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" celebrada o pasado Xoves 19 de Decembro de 2024 no Auditorio do Concello e que foi presidida polo Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña acompañado dos concelleiros Mª Victoria Couñago Corujeira e Iván Martínez Ventín e dos membros do xurado desta 6ª edición do certame.

Participantes da Categoría G cos membros do xurado e autoridades

E xa chegou a quenda para a CATEGORÍA G: ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO cos que rematamos as publicacións desta nova edición do certame literario de relato curto. Os premiados foron os seguintes:

O PRIMEIRO premio foi para o traballo titulado "AS PEDRAS DO CAMIÑO" presentado baixo o pseudónimo de "XONDRA" por PAULA RIVAS RODRÍGUEZ, de 15 anos, estudante de 4º de ESO.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Paula Rivas Rodríguez recibe o seu premio que lle
entrega a escritora Andrea Barreira Freije

O SEGUNDO premio correspondeulle ao traballo titulado "A LENDA DA SERRA DAS NUBES" presentado baixo o pseudónimo de "INDEFINIDA" por MAIA OTERO GONZÁLEZ, de 14 anos, estudante de 3º de ESO.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

O Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña entrégalle
o premio a Maia Otero González

E nesta categoría o xurado considerou outorgar un Accésit ao seguinte traballo:

Traballo titulado "PETROGLIFOS" presentado baixo o pseudónimo de "ATENEA" por IRIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, de 14 anos, estudante de 3º de ESO.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Iris González Rodríguez recibe o seu premio que lle entrega
a concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira

Finalizada a lectura dos premiados foise chamando un por un ao resto dos participantes non premiados para entregarlles a cada un o seu Diploma acreditativo da participación no certame e un libro de agasallo. E tamén se entregou un lote de libros para as aulas de 3º e 4º de ESO.

Manuel Gonzalez Pastoriza mestre do CPI de Pazos recolle
o lote de libros que lle entrea Mª Isabel Lorenzo Castro

Esta actividade enmárcase no programa de dinamización da Lingua Galega de 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal coa axuda e patrocinio do Concello de Pazos de Borbén e da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

mércores, 15 de xaneiro de 2025

"VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBEN" - ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍA F: ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO (6)

E seguimos informando sobre a Gala de entrega de premios do VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN celebrada o Xoves 19 de Decembro de 2024 no Auditorio do Concello á que asistiron os participantes nesta 6ª edición do certame e presidiu o Alcalde de Pazos de Borbén Xosé Luciano Otero Camiña asistido dos concelleiros Ivan Martínez Ventín e Mª Victoria Couñago Corujeira ademáis de polos membros do xurado.

Participantes da Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO

Na CATEGORÍA F: ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO, foron premiados os seguintes traballos:

O PRIMEIRO premio correspondeu ao traballo titulado "NOITE DE TORMENTA" e o pseudónimo "NUTRIPUSAPU", presentado por GABRIEL CASTRO GARRIDO, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Gabriel Castro Garrido recibe o premio que
lle entrega Manuel González Pastoriza

O SEGUNDO premio otorgouselle ao traballo titulado "HABELAS HAINAS" e o pseudónimo "DINO", presentado por ROI MÍGUEZ COMESAÑA, de 13 anos, estudante de 2º de ESO.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

O Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña entrega
o premio a Roi Míguez Comesaña

Nesta categoría o xurado considerou premiar con Accésits aos seguintes traballos:

Traballo titulado "O QUE AGOCHAN AS LAVANDEIRAS" e o pseudónimo "KIT", presentado por MARTÍN DOMÍNGUEZ COSTAS, de 13 anos, estudante de 2º de ESO.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Martín Domínguez Costas recibindo o seu premio que lle entrega
a Concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira

Traballo titulado "O MAR" e o pseudónimo "ANFER", presentado por ANTÍA FREIRE FERNÁNDEZ, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Antía Freire Fernández recolle o seu premio entregado
pola escritora Andrea Barreira Freije

Unha vez finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes para entregarlles un Diploma acreditativo da súa participación e un libro de agasallo. Ademáis entregáronse uns lotes de libros para as aulas de 1º e 2º de ESO.

Mª isabel Lorenzo Castro fai entrega dun lote de libros para as aulas de
1º e 2º de ESO que recolle Manuel González Pastoriza

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" que organiza a Biblioteca Pública Municipal coa axuda e patrocinio do Concello de Pazos de Borbén e da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

ENTREGA DE PREMIOS "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" - CATEGORÍA E: ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA (5)

Voltamos con informacións da Gala de entrega de premios do "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN¨ presidida polo Alcalde de Pazos de Borbén Xosé Luciano Otero Camiña acompañado dos concelleiros Mª Victoria Couñago Corujeira e Iván Martínez Ventín, así como dos membros do xurado e que se celebrou o pasado Xoves 19 de Decembro de 2024 ás 13:00 horas no Auditorio do Concello coa asistencia dos participantes nesta 6ª edición do certame.

Agora tócalle a quenda da entrega de premios aos participantes da:

CATEGORÍA E: ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

Participantes da Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de
Primaria cos membros do xurado e autoridades

O PRIMEIRO premio o xurado otorgoullo ao traballo titulado "XAQUE MATE" e o pseudónimo "JUAN BERTO", presentado por XIÁN BOUBETA COMESAÑA, de 11 anos, estudante de 6º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no seu título.

Xian Boubeta Comesaña recolle o seu 1º Premio que lle entrega
a membro do xurado Mª Eugenia Porritt Lueiro

O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado "DE VERDADE FOI UN SOÑO?" e o pseudónimo "AMORODO", presentado por LARA PEREIRA VÁZQUEZ, de 11 anos, estudante de 6º de Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no seu título.

A escritora Andrea Barreira Freije entrega o
2º Premio a Lara Pereira Vázquez

O xurado considerou premiar con Accésits aos seguintes traballos:

Traballo titulado "O MOURO" e o pseudónimo "MBAPPE", presentado por ASIER DA SILVA JUAN, de 10 anos, estudante de 5º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no seu título.

Asier Da Silva Juan recibindo o seu premio que lle entrega a
membro do xurado Mª Isabel Lorenzo Castro

Traballo titulado "A CAMA DO VELLO" e o pseudónimo "ABIÑO PIÑA", presentado por ABEL FERREIRA MARTÍNEZ, de 10 anos, estudante de 5º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no seu título.

A Concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira entrega
o premio a Abel Ferreira Martinez

Traballo titulado "O SOTO DOS MEUS AVÓS" e o pseudónimo "LISA", presentado por NOA CERNADAS EIJO, de 11 anos, estudante de 6º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no seu título.

Noa Cernadas Eijo recibe o seu premio entregado
polo Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña

Traballo titulado "13:13" e o pseudónimo "QUEVEDOLOVER", presentado por CLAUDIA RODRÍGUEZ IGLESIAS, de 11 anos, estudante de 6º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no seu título.

Manuel González Pastoriza entrega o premio
a Claudia Rodríguez Iglesias

Finalizada a entrega de premios e diplomas aos galardoados da categoría, procedeuse a chamar un por un ao resto de participantes nonpremiados para entregarlles un Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo. Tamén se entregaron uns lotes de libros para as aulas de 5º e 6º de Primaria.

Entrega de lotes de libros as aulas de 5º e 6º de Primaria

Seguiremos informando dos premiados das categorías F e G nos próximos días.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal coa axuda e patrocinio do Concello de Pazos de Borbén e a Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

martes, 14 de xaneiro de 2025

"HEMETIA" de Erica Couto-Ferreira


HEMETIA
Autora: Érica Couto-Ferreira
Arima Editorial
Colección Tierra - Terror

Género: Novela fantástica y de terror

Nina Valente llega a Feronia para tomar posesión de su cargo de bibliotecaria y llevar una vida tranquila. Ignora que en este pueblo pintoresco la vida está dominada por un culto religioso severo que no acepta a los intrusos. Ni a las intrusas.

¿Quién es, en realidad, esa santa Hemetia a la que todos adoran con devoción?

¿Por qué su cuerpo ha permanecido incorrupto durante más de tres siglos?

¿Y qué intenciones tienen las Guardianas que la custodian con tanto celo?

ISBN: 978-84-123234-3-6
Nº de páginas: 127
Formato: 13 x 20 cm
Encuadernación: Tapa blanda con solapas

Érica Couto-Ferreira
Érica Couto-Ferreira (Pazos de Borbén, 1979) es doctora en Historia y especialista en Próximo Oriente Antiguo. Disecciona temáticas bizarras y obras de literatura extraña en el blog En la lista negra y, junto a José Luis Forte, perpetra Todo tranquilo en Dunwich, podcast dedicado a la literatura fantástica, la ciencia-ficción y el terror.
Ha colaborado con medios como Canino y Windumanoth, y ha publicado los ensayos Cuerpos. Las otras vidas del cadáver (GasMask Editores, 2017) Infierno. El más allá en la Mesopotamia Antigua (Aurora Dorada Ediciones, 2020) e Infestación: una historia cultural de las casas encantadas (Dilatando Mentes Editorial, 2021).
Son relatos de su autoría "Casa con balcón" y "El animal" (NGC 3660), "El notario y los huesos" (Círculo de Lovecraft XI: Especial Thomas Ligotti, 2018), "La máscara del fauno" y "Fuera del infierno" (Ediciones El Transbordador, 2020), "La luminaria" (T.ERRORES I, 2020) y "Os últimos días segundo Guido Hartmann" (A sombra primixenia, Urco, 2016). Ama las ruinas y los mundos bajo tierra. Sigue odiando los espejos.
@enlalistanegra

ENTREGA DE PREMIOS "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" - CATEGORÍA D: ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA (4)

Continuamos informando da gala de entrega de premios do "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" que tivo lugar o pasado Xoves 19 de decembro de 2024 ás 13.00 horas no Auditorio do Concello e que estivo presidida polo Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña acompañado dos concelleiros Mª Victoria Couñago Corujeira e Iván Martínez Ventín, ademáis dos membros do xurado do certame.

Como xa comentamos en anteriores noticias participaron 164 persoas, todas elas alumnos e alumnas do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira, así como varios usuarios da Asociación ASPAVI.

Agora imos a informar da entrega dos premiados da categoría seguinte:

CATEGORÍA D: ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Premiados e participantes da Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de
Primaria cos membros do xurado, mestras e autoridades


O PRIMEIRO premio otorgouse ao traballo titulado "A FADA MÁXICA" e o pseudónimo "A RAÍÑA DO SILENCIO", presentado por DANIELA AMOEDO CENDÓN, de 9 anos, estudante de 4º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

O escritor Miguel Anxo Alonso Diz entrega o
1º Premio a Daniela Amoedo Cendón

O SEGUNDO premio foi para o traballo titulado "O PANTASMA DE BORBÉN" e o pseudónimo "OLI", presentado por OLIVER RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, de 8 anos, estudante de 3º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Oliver Rodríguez Martínez recollendo o premio que lle entrega
o membro do xurado Manuel González Pastoriza

O Xurado premiou con Accésits nesta categoría aos seguintes traballos:

Traballo titulado "A TREBOADA DA BRUXA" e o pseudónimo "O PATIÑO JUAN", presentado por JOEL GIL RODRÍGUEZ, de 9 anos, estudante de 4º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Joel Gil Rodríguez recibe o seu premio de mans da escritora e
membro do xurado Andrea Barreira Freije

Traballo titulado "O VIAXEIRO" e o pseudónimo "LAKITÚ", presentado por MATEO BARCIELA LAGO, de 8 anos, estudante de 3º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Mateo Barciela Lago recibe o seu premio que lle entrega a
membro do xurado Mª Isabel Lorenzo Castro

Traballo titulado "O CAN QUE QUERÍA VOAR" e o pseudónimo "SRA. STITCH", presentado por CAROLINA LAGO CAMIÑA, de 8 anos, estudante de 3º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

O Concelleiro Iván Martínez Ventín entrega o
premio a Carolina Lago Camiña

Traballo titulado "O CAMPO MÁXICO" e o pseudónimo "SR. POTATO", presentado por ANXO FRAGUEIRO OTERO, de 8 anos, estudante de 3º de Educación Primaria.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Anxo Fragueiro Otero recibe o premio que lle entrega a
Concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira

Finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría pra entregarlles un Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo. Entregouse tamén un lote de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria.

Entrega dos lotes de libros para as aulas de
3º e 4º de Primaria

Nos próximos días continuaremos informando dos premiados do resto de categorías que participaron no certame.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" que organiza a Biblioteca Pública Municipal baixo o patrocinio e axuda do Concello de Pazos de Borbén e da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger